A pasada madrugada Twitter experimentou problemas para funcionar axeitadamente, con moitos usuarios que vían como a súa conta de usuario se desconectaba do servizo e resultaba imposible reconectar, así como outros fallos que afectaban principalmente á versión web da plataforma (aínda que a API que se comunica coas aplicacións móbiles tamén se viu afectada), no que se considera como a meirande caída no servizo dende que Elon Musk está á fronte da compañía, aínda que, curiosamente as contas de soporte de Twitter non recoñecen o fallo e o propio Musk asegurou non experimentar.
Tras este grande fallo, Musk saíu á palestra para asegurar que fixan de realizar cambios nos servidores de Twitter que farían que o servizo mellorase a súa velocidade de resposta, polo que non queda claro se estamos ante unha cortina de fume tras a caída parcial do servizo, ou ante o motivo da caída.
Este tipo de incidencia non debería collernos por sorpresa, pois en Noiteboa o propio Musk gabábase de que Twitter seguía a funcionar pese a que desconectara un dos armarios de servidores máis sensibles. Nunha situación na que a empresa ten menos enxeñeiros e reducen servidores o normal é padecer incidencias.
Twitter experimenta unha caída parcial de madrugada
Compartir Este Artigo
