WhatsApp leva varios anos soltando lastre ao deixar de funcionar en versións dos sistemas operativos móbiles moi antigas, evitando así ter que darlles soporte, de xeito que actualmente para poder instalar WhatsApp precisamos dun móbil que como mínimo teñan Android 4.1, iOS 12 ou KaiOS 2.5.0, pero estas condicións parecen ser algo laxas, e segundo parece, aínda seguía a funcionar con móbiles como o iPhone 5 e o iPhone 5c (que funcionan como moito con iOS 10), algo que mudará cando comece 2023.
Segundo Gizchina, a partir do 31 de decembro WhatsApp deixará de estar dispoñible para os mencionados modelos de iPhone, así como para unha chea de vellos móbiles con Android como serían o Huawei Ascend D, o LG Optimus F7, o Samsung Galaxy S3 mini ou o Sony Xperia Arc S, ou sexa, móbiles que teñen uns 10 anos de idade, polo que podemos entender que só seguirían en uso nalgúns mercados emerxentes, e probablemente tras varios cambios de batería para poder mantelos en funcionamento durante tanto tempo.
WhatsApp deixará de funcionar nos iPhone 5 e 5c
Compartir Este Artigo
