O diario belga De Tijd confirmou a compra de Luxexcel por parte de Meta, operación que resulta interesante xa que estamos ante unha compañía especializada en tecnoloxía de impresión 3D para a fabricación de lentes, entre as que destacaban modelos que permitían a proxección de imaxes sobre as mesmas para así poder empregarse en solucións de realidade aumentada.
Meta xa colaboraba con Luxexcel, pero ao facerse coa compañía deixan claro que están interesados no seu talento e na súa tecnoloxía a longo prazo, previsiblemente para desenvolver solucións de realidade aumentada que poidan ser facilmente integrables no nos día a día, en vez de contar con voluminosos cascos como os de realidade virtual.
Meta adquire unha empresa especializada na fabricación de lentes
Compartir Este Artigo
