Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Galiverso adáptase á cativada ata o 5 de xaneiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Galiverso adáptase á cativada ata o 5 de xaneiro

Redacción
Publicado: 02/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiverso_de_nadal_01.jpgA Cidade da Cultura comeza o ano cunha edición especial da instalación de realidade virtual Galiverso, que poderá visitarse ata o 5 de xaneiro no andar -1 do Museo Centro Gaiás. Neste Galiverso de Nadal, a rapazada a partir de 6 anos de idade poderá entrar na casa do Apalpador e remexer no seu interior empregando tecnoloxías interactivas.
Esta nova experiencia organizada pola Xunta terá unha duración duns cinco minutos aproximadamente, atendendo ás recomendacións dos expertos para o uso deste tipo de lentes na cativada. Na casa do Apalpador os máis pequenos poderán interactuar con varios xoguetes, deixar unha mensaxe virtual no taboleiro ou mesmo sentar a carón desta figura mítica do Nadal galego para recibir unha sorpresa.
Os maiores de 12 anos poderán acceder á oferta completa do Galiverso, que conta a día de hoxe cunha ducia de opcións máis para mergullarse en monumentos e espazos naturais das catro provincias galegas sen saír da Cidade da Cultura.
Contemplar o solpor en Fisterra, as vistas da Coruña desde o cumio da Torre de Hércules ou o canón do Sil desde as alturas forman parte do catálogo actual de experiencias que se poden vivir no Museo Centro Gaiás. Tamén internarse na cripta do Apóstolo en Santiago de Compostela, nos mosteiros de Santa María a Real de Oseira e de Santo Estevo de Ribas de Sil, na torre de Xiá en San Paio de Narla, no templo romano de Santa Baia de Bóveda ou nunha palloza no Cebreiro, e percorrer a ponte romana de Ourense, a muralla de Lugo ou os tellados da Catedral de Tui.

15 postos simultáneos

galiverso_de_nadal_02.jpgCada sesión individual terá unha duración máxima de 20 minutos, durante a cal será posible viaxar a un ou varios lugares do Galiverso desde un mapa virtual de Galicia. Cada destino conta, ademais, con textos e audios explicativos en galego, castelán e inglés.
O Galiverso de Nadal dispón de 15 postos individuais e poderá acoller unhas 275 visitas potenciais cada día, en horario de 11,00 a 14,30 e de 16,00 a 20,00 horas. O acceso á instalación de realidade virtual é gratuíto.
Tras o Nadal, o Galiverso volverá a instalarse no andar 0 do Museo Centro Gaiás, onde está a preparar toda unha nova serie de experiencias inmersivas para gozar durante 2023.
Desde a súa apertura o pasado 20 de outubro na Cidade da Cultura, o proxecto de realidade virtual, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, recibiu máis de 1.600 visitas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?