Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística achega 385.000 euros para proxectos innovadores de galego na docencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística achega 385.000 euros para proxectos innovadores de galego na docencia

S. P.
Publicado: 02/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

moza_chica_usuaria_mobil.jpgA Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García, comeza o ano destinando un total de 385.000€ a colexios e institutos sostidos con fondos públicos para que desenvolvan iniciativas de fomento do uso do idioma galego nas aulas durante este curso 2022-23. Porase o foco en iniciativas que tiren proveito das novas ferramentas de información e comunicación. As solicitudes haberá que facelas de xeito telemático e os datos sobre as axudas están todos debullados no Portal da Lingua da Secretaría Xeral.
Trátase dunhas convocatorias articuladas cada ano para todas as etapas educativas non universitarias co fin de contribuír a financiar as actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua galega e o profesorado.
Para optar ás axudas, os equipos ou profesores encargados da dinamización da lingua deberán presentar os seus proxectos e actividades, que serán logo valorados e puntuados para a determinación das contías. A cantidade máxima que poderá percibir un centro varía entre os 220 e os 1.000 euros en función do número de alumnos.
En canto aos criterios de valoración, a calidade do proxecto terá un peso do 80% da puntuación total. Teranse en conta unha serie de variables como o grao de implicación dos membros da comunidade (familias, profesorado e persoal de administración e servizos), o nivel de utilización de novas tecnoloxías (páxinas web, blogs, redes sociais, códigos QR, materiais audiovisuais, robótica…), o grao de colaboración con outras institucións ou entidades externas e con outros centros e o carácter plurianual das actividades. O 20% restante asígnase en función do número de matrículas.
Con estas axudas anuais búscase “reforzar a dimensión comunicativa do galego en contextos vivos e facilitar ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?