Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio Rural, a USC e a UVigo seguirán mellorando os recursos online sobre o bosque galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medio Rural, a USC e a UVigo seguirán mellorando os recursos online sobre o bosque galego

S. P.
Publicado: 03/01/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inventario_forestal_continuo.jpgA Xunta (a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería de Medio Rural) e as universidades de Santiago de Compostela e de Vigo veñen de ampliar a súa colaboración para o desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia. Isto traducirase este ano nun mapa dixital de gran precIsión, actualizado, sobre a masa boscosa da nosa terra e as súas características.
O obxectivo é mellorar o acordo previo de marzo de 2020 e prorrogar a súa vixencia ata finais de 2024. En virtude desta renovación a Xunta mobilizará unha nova achega de 530.380 euros para financiar as accións do período 2023-2024, ao que hai que engadir as contribucións da USC e da UVigo (case 40.000 euros en total). En total estariamos a falar de máis dun millón de euros para o período 2020-2024.
A finalidade do Inventario Forestal Continuo de Galicia é “coñecer, de maneira precisa e actualizada, a cantidade de madeira rexistrada nos montes galegos e máis a súa calidade, algo esencial para a planificación e a toma de decisións”, informou a Dirección Xeral, engadindo que “xa nos próximos meses deste ano 2023 Galicia contará cun mapa forestal preciso que recollerá a superficie total forestal presente na nosa comunidade e repartida por formacións específicas”.
A Dirección Xeral lembrou tamén que os primeiros resultados deste inventario xa están dispoñibles para o público nun portal web, realizado en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). “É unha páxina moi completa, onde se pode acceder a un visor cartográfico para a súa consulta ou a un centro que permite descargar diversos datos”, engadiu Medio Rural, explicando que este espazo web enmárcase no convenio de colaboración que agora se prorroga coas universidades.
Dentro desas liña de colaboración, estanse a elaborar de xeito continuado resultados en forma de mapas e de datos provenientes das parcelas de inventariado que están a recoller as brigadas da empresa pública SEAGA baixo os protocolos establecidos polas universidades galegas, e que serán os que se irán reflectindo no devandito portal web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?