A Comisión de Protección de Datos de Irlanda anunciou hoxe a conclusión de dous procedementos abertos contra Meta Platform Ireland Limited relativos aos servizos de Facebook e Instagram por incumprir co Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR), o que suporá a Meta unha sanción de 210 millóns de euros polas infraccións de Facebook e outros 180 millóns de euros polas infraccións de Instagram, á vez que esíxese a Meta que corrixa a situación para cumprir coa lexislación europea nun prazo de 3 meses.
Ambas infraccións teñen a mesma esencia, e as sancións parten de queixas presentadas dende Austria (en relación a Facebook) e Bélxica (en relación a Instagram) o 25 de maio de 2018, cando entrou en vigor a GPDR. Xusto de cara a tal data Facebook e Instagram mudaron as súas condicións de uso, obrigando aos usuarios a aceptalas para poder empregar ambas plataformas, o que podería parecer un bo proceder se non fose porque as condicións incluían a aceptación do uso de datos persoais para recibir publicidade personalizada, algo que debería ser opcional e non forzoso, de aí que dende Irlanda consideran que Meta incumpriu a GDPR. A Comisión tamén considera que os cambios na normativa de Meta non foron transparentes, ou sexa, que os cambios non resultaban claros para os usuarios.
390 millóns de euros de sanción para Meta por infrinxir a GDPR
Compartir Este Artigo
