Que hai moitos usuarios que aínda fan uso de vellos sistemas operativos pese a carecer de soporte non sorprende a ninguén, pero en breve van ter un incentivo moi importante para a súa actualización, pois tras varios adiamentos (xustificados como unha deferencia cara aos usuarios por mor da pandemia) confírmase que o navegador web Google Chrome manterá a compatibilidade con Windows 7, 8 e 8.1 ata a súa versión 109, ou sexa, a que verá a luz o vindeiro martes.
A versión 110 de Chrome, prevista para o 7 de febreiro de 2023 precisará para a súa instalación Windows 10 ou superior, de xeito que os usuarios que non actualicen correrán serios riscos ao navegar pola Rede cun navegador obsoleto e con fallos de seguridade moi coñecidos e doados de aproveitar por cibercarrachos.
Chrome deixará de actualizarse en versións obsoletas de Windows
Compartir Este Artigo
