Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Declaran abusivo que Orange inclúa en ficheiros de morosos a exclientes aos que lles reclama débedas tras dárense de baixa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Declaran abusivo que Orange inclúa en ficheiros de morosos a exclientes aos que lles reclama débedas tras dárense de baixa

Redacción
Publicado: 09/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra declarou abusivas as prácticas de Orange consistentes na inclusión de consumidores en ficheiros de solvencia patrimonial por débedas reclamadas tras a finalización da relación contractual (porque os clientes se dan de baixa ou realizan a portabilidade a outro operador) cando se opoñen ao seu pagamento, sen que nunca antes eses consumidores incorresen en ningún impagamento do debido á compañía nin fosen incluídos nos ficheiros de solvencia patrimonial por careceren de solvencia ou por presentaren risco de morosidade no cumprimento das súas obrigacións pecuniarias.
Desta forma, o maxistrado acolleu parcialmente a demanda interposta polo Ministerio Fiscal fronte a Orange Espagne e condenouna a cesar de inmediato nas prácticas abusivas descritas, así como a absterse de reiteralas no futuro. Ademais, ordenou que pague a publicación da parte dispositiva da sentenza no diario máis lido segundo o Estudo Xeral de Medios, pois hai consumidores afectados en toda España. No caso de que reitere as prácticas abusivas prohibidas, segundo establece o titular do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra na resolución, impoñeránselle multas coercitivas de 60.000 euros por cada reiteración.
Na sentenza, que non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, subliña que a empresa inclúe a exclientes en ficheiros de solvencia patrimonial “polo mero feito de se negaren ao pago dunha cantidade facturada, independentemente do motivo da oposición ao pago”. Así, destaca que Orange veu mantendo “como práctica habitual con antigos clientes que xa se deron de baixa nos seus servizos, mesmo aos que prestaba eses servizos de maneira defectuosa, a de incluír os seus datos en ficheiros de solvencia patrimonial por falta de pagamento de débedas reclamadas unha vez finalizada a súa relación contractual con eles, a pesar de que eses clientes nunca faltaran ao pago doutras débedas con anterioridade”. Ademais, engade que, na maioría dos casos, se trata de débedas de escasa contía.
“Cando a débeda non foi xudicialmente reclamada, unido ao feito de que a persoa afectada nunca incorrera en impagos nin fora incluída por outros acredores en ficheiros de morosos con anterioridade, non existe motivo real para dubidar acerca da súa solvencia patrimonial, nin tampouco para poder considerala como alguén que ten risco de incorrer en morosidade no cumprimento das súas obrigacións pecuniarias en xeral”, recalca o maxistrado, asemade conclúe que a inclusión das persoas que se atopan nestas circunstancias neses ficheiros “só pode ter o obxectivo real de prexudicar a súa reputación, a modo de vendeta, por opoñerse ao pago dunha débeda que Orange considera lexítima, ou ben o de servir de medio de presión para que se preguen ás esixencias da empresa e procedan a pagar a débeda cuxa procedencia inicialmente discutían”.
Así, incide en que “nos atopamos ante unhas prácticas abusivas, consistentes nunha presión ilexítima dirixida a que os afectados paguen débedas controvertidas, que vulneran os dereitos máis básicos dos consumidores (incluído, xeralmente, o dereito fundamental ao honor)”. O xuíz explica que o fin perseguido coa inclusión de datos persoais dos clientes nos ficheiros de solvencia patrimonial “ten que ser exclusivamente o de lles ofrecer aos usuarios de tales ficheiros información sobre a solvencia desas persoas cuxos datos se incluíron, co obxecto de previr a morosidade”. Co cal, recalca que “non pode considerarse como fin lexítimo da inclusión de datos o de inducir as persoas afectadas a satisfacer as débedas ou supostas débedas cuxo impagamento se recolle no ficheiro”, unha cuestión que o xuíz lembra que foi confirmada pola xurisprudencia do Tribunal Supremo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?