A realidade virtual pode ser un xeito divertido de facer exercicio físico, e coñecedores de tal tendencia as Meta Quest anuncian que van integrarse coa aplicación de saúde de Android, de xeito que as sesións de exercicio en realidade virtual sincronízanse co móbil para que poidamos consultar logo os datos na aplicación Saúde Connect.
Esta integración fai que os adestramentos en realidade virtual queden rexistrados de xeito automático, evitando o atranco de que teñamos que introducir información a man.
Se o usuario ten algún accesorio Bluetooth que permita facer un seguimento do ritmo cardíaco tamén será posible que esta información se vexa reflectida nos datos que se recollen durante a actividade física en VR. Os monitores cardíacos que actualmente funcionan con Meta Quest son o Garmin HRM-Dual e o Polar H10.
Os cascos Meta Quest poderán sincronizarse coa aplicación de saúde de Android e monitores cardíacos
Compartir Este Artigo
