Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cidade das TIC contará co meirande estudio audiovisual virtual de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cidade das TIC contará co meirande estudio audiovisual virtual de España

Redacción
Publicado: 25/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cidade_das_tic_audiovisual_01.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou esta mañá na Cidade das TIC da Coruña no acto de presentación dos primeiros avances do que será o maior estudio audiovisual virtual de España xunto con María González Veracruz, secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Ines Rey, alcaldesa da Coruña, Julio Abalde, reitor da UDC, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual de Galicia.
Valentín González Formoso asegurou que este estudio audiovisual virtual será «o primeiro gran proxecto audiovisual que se fará realidade na Cidade das TIC, a principios de 2024». O novo estudio audiovisual virtual xa ten ubicación concreta: vaise executar na parcela 19 da Zona 02 Cidade das TIC, nunha nave de nova edificación que contará cunha superficie construída de 1.600 metros cadrados, dos cales 750 metros van estar dedicados a albergar un plató inmersivo con tecnoloxía pioneira en Europa que permitirá para recrear dixitalmente calquera escenario real ou de ficción. Nesta localización vaise instalar un gran estudio virtual inmersivo de máis de 20 metros de ancho e 8 metros de altura, configurado por 758 paneis LED de alta resolución.
cidade_das_tic_audiovisual_02.jpgGonzález Formoso detallou que este estudio permitirá crear contidos inmersivos para producións de ficción, realidade virtual e aumentada, que son de aplicación no campo cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos. As produtoras audiovisuais «poderán recrear o deserto do Gobi, o polo norte ou unha a quinta avenida de Nova York sen saír da Coruña», explicou Valentín González Formoso, quen engadiu que o proxecto suporá un investimento de case 8 millóns de euros, dos que 5 millóns estarán financiados a través dos Fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España e arredor de 3 millóns con fondos propios da Deputación da Coruña.
O proxecto suporá o posicionamento estratéxico de Galicia dentro do Plan España, Hub audiovisual de Europa, dotado con máis de 1.600 millóns de euros de orzamento ata 2025, que vai destinado a transformar o ecosistema audiovisual do país, impulsar a súa internacionalización e competencia nos mercados internacionais.
«A idea de ubicar este espazo na Cidade das TIC da Coruña nace co obxectivo de crear sinerxías co sector tecnolóxico, xa que alí poderá atoparse nun futuro próximo boa parte do talento dixital de Galicia», afirmou Formoso, que remarcou que a Deputación «xa está a traballar, de forma dilixente, xunto co Clúster do Audiovisual Galego no deseño da infraestrutura, na licitación das obras da nova nave, e na xestión do propio espazo, porque é fundamental acertar en todas as fases do proceso».
cidade_das_tic_audiovisual_03.jpgInés Rey quixo destacar que «despois do nomeamento da Coruña como sede de AESIA, esta nova instalación sitúa a nosa cidade como polo tecnolóxico a nivel nacional» e subliñou que «todo isto demostra o noso potencial á hora de acoller proxectos e eventos dentro deste sector».
Segundo apunta Jorge Algora, «esta aposta é apoiada por todo o sector e permitirá que o audiovisual galego se consolide e sexa diferencial a nivel nacional e internacional, obtendo unha maior reputación e atraendo talento de moitas zonas xeográficas».
Pola súa banda o reitor da UDC, Julio Abalde, celebra «o éxito deste proxecto, posto que a nosa universidade dispón das titulacións indicadas para formar aos potenciais usuarios destas instalacións» e apunta que «grazas a este Hub audiovisual conseguirase dar o impulso necesario para darlle un futuro a todo ese talento crecente no eido audiovisual» que desde a UDC contribúen a formar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?