Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Debate en Bruxelas sobre o papel das rexións no desenvolvemento da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Debate en Bruxelas sobre o papel das rexións no desenvolvemento da IA

Redacción
Publicado: 25/01/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230125_fundacion_galicia_europa.jpgA sede da Fundación Galicia Europa en Bruxelas acolleu hoxe a xornada Intelixencia artificial, intelixencia rexional, promovida pola Xunta de Galicia, na que representantes da Comisión Europea, do Parlamento, do Goberno de España e da Universidade debateron sobre o papel das Comunidades Autónomas ante o desenvolvemento da intelixencia artificial.
Na xornada participou o responsable de políticas da DG-CONNECT, da Comisión Europea, Martin Ulbrich; a eurodeputada Pilar del Castillo; o Conselleiro de Transformación Dixital da Representación Permanente de España na UE (REPER), Carlos Romero; e o profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, Marcos Almeida. O debate estivo moderado pola directora da Oficina de Apoio Estratéxico e de Planificación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública), María Bobillo.
O alto funcionario da DG CONNECT Martin Ulbrich destacou durante a súa intervención a importancia da creación de estándares e códigos de conducta voluntarios por parte de empresas e administracións para aqueles usos da intelixencia artificial que, ao non ser considerados de alto risco, non se verán afectado pola nova lei.
Pola súa parte, a deputada do Grupo Popular no Parlamento Pilar del Castillo anunciou que agarda que a proposta sobre a nova Lei europea de IA poida estar lista a finais de febreiro para ser sometida ao pleno da Cámara, como paso previo a ser sometida ao procedemento de co-decisión. Sen embargo, engadiu que o proceso está a ser lento pola existencia de desacordos en aspectos como a conveniencia de crear unha oficina europea de IA ou sobre a prohibición de prácticas relacionadas coa identificación biométrica a tempo real, a vixilancia paliativa, o coñecemento emocional e os auto-riscos en aspectos como os algoritmos aplicados a medios de comunicación, saúde ou pago e cobro de débedas.
O conselleiro da REPER Carlos Romero incidiu en que a regulación europea non terá soamente un carácter restritivo, senón tamén incentivador. As empresas poderán testar os seus sistemas, o que incidirá na súa eficiencia e na mellora da súa produtividade e competitividade.
Durante a súa intervención, o profesor de Dereito Administrativo e responsable das políticas de protección de datos da Universidade de Santiago Marcos Almeida avanzou algúns dos resultados do “Estudo sobre o marco ético e normativo e o potencial impacto da intelixencia artificial en Galicia”. Este traballo, que será presentado nas próximas semanas, é o resultado dun convenio asinado pola Xunta de Galicia coas tres universidades públicas da nosa Comunidade.
Marcos Almeida destacou que a Lei que prepara a UE ten a virtude de estar perfectamente integrada no actual marco legal sobre protección de datos, e o que fai é adaptalo a cuestións concretas como a intelixencia artificial ou a identificación biométrica.
O marco ético e normativo para o desenvolvemento da intelixencia artificial debe incluír mecanismos sociais de control, segundo destacou Marcos Almeida. Neste sentido, defendeu a creación de escenarios de proba de sistemas de intelixencia artificial nos que a sociedade poida participar.
A directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación da AMTEGA, María Bobillo, tamén se referiu as conclusións do estudio elaborado polas tres universidades, que indican que “Galicia estase situando como rexión precursora e á vangarda dunha intelixencia artificial ética e fiable en liñas coas políticas europeas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?