Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fakelocal mapeará os medios vinculados á desinformación local e autonómica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fakelocal mapeará os medios vinculados á desinformación local e autonómica

S. P.
Publicado: 26/01/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

udc_cc_comunicacion.jpg_675973106.jpgA Universidade da Coruña achegou máis información sobre o proxecto no que traballan as nosas tres universidades e que avanzamos os días pasados dende Código Cero: o proxecto Mapa da Desinformación nas Comunidades Autónomas e Entidades Locais de España e o seu Ecosistema Dixital (Fakelocal), dirixido polos investigadores da Universidade de Vigo, Ana Belén Fernández Souto e Xosé Rúas, e cuxo obxectivo é “identificar, medir e clasificar os principais asuntos ou temas da desinformación relacionada coa xestión das corporacións locais e comunidades autónomas”. A UDC explica que Fakelocal é unha iniciativa necesaria e imprescindible no panorama mediático actual, con potencial para incrementar a transparencia. Entre os seus cometidos está mapear a realidade actual das fake news a nivel local e autonómico.
A UDC lembra tamén que neste proxecto traballarán tamén Natalia Quintás e José Ángel Fernández Holgado, da Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, no ámbito das televisións autonómicas e as súas audiencias tratando de identificar e diagnosticar algunhas das principais crises online relacionadas coa desinformación.
A base da iniciativa está na preocupante ameaza que representa a proliferación de noticias falsas e boatos, informacións non confirmadas que se difunden de maneira pública, un fenómeno que pon en risco “a reputación de organizacións, empresas ou institucións e mesmo o normal funcionamento dos sistemas democráticos”, explican fontes da UDC, engadindo que este proceso contribuíu a que nos últimos anos fosen numerosas as investigacións centradas nos efectos das fake news e a chamada desinformación. No punto de achegar unha análise máis fonda a nivel autonómica e local e unha maior efectividade é onde xorde o proxecto Fakelocal, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
fake_news_novas_falsas_desinformacion-2-2.jpg Para Quintás e Fernández Holgado, este é “un proxecto necesario e imprescindible no panorama mediático actual que pretende, ademais de estudar casos concretos de desinformación, propor estratexias de transparencia que permitan reducir o impacto actual da desinformación”.
Entre os obxectivos da iniciativa, que se estenderá ata 2025, figura realizar un mapeo de actores e medios vinculados á desinformación local e autonómica en España, así como identificar as principais crises derivadas da difusión de noticias falsas sufridas por gobernos autonómicos e municipais.
Para iso, Fakelocal conta cun equipo de traballo integrado por unha vintena de expertos e expertas, entre os que se atopan investigadores da Universidade de Vigo, xunto con outros das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Sevilla e Málaga, ademais de expertos da Central European University de Viena, a Universitá degli Studi de Milán e da Universidade do Porto.
Entre os traballos que desenvolverá este grupo de investigadores e investigadoras atópase a realización dunha enquisa aos responsables dos gabinetes de comunicación das 17 comunidades autónomas, dos 52 gobernos provinciais e das 65 cidades recollidas no ámbito de aplicación da Lei de Medidas para a Modernización do Goberno Local de 2003. Por outra banda, tamén se levará a cabo unha análise de contidos con diferentes ferramentas, co propósito de estudar o impacto, sobre todo a través das redes sociais, que poden ter as noticias falsas na esfera autonómica e local.
Outro dos ámbitos nos que busca pór o foco Fakelocal é na formación en técnicas e ferramentas relacionadas coa verificación de datos. Nese senso, a memoria do proxecto pon o acento na necesidade de “estender as competencias e funcións tradicionais dos gabinetes de comunicación das administracións locais ao combate da desinformación”, dado que “a auxe das noticias falsas afecta de maneira directa á reputación das organizacións”. Neste punto poñen de relevo a capacidade para “desestabilizar” dos boatos e a incidencia que poden ter en procesos como os electorais. De aí que outro dos propósitos sexa analizar “o que poida acontecer nas eleccións municipais deste ano e ver en que medida nestes procesos circula desinformación sobre determinados aspectos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?