Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O secretario xeral do PSdeG visita o CiTIUS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O secretario xeral do PSdeG visita o CiTIUS

Redacción
Publicado: 30/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

formoso_citius_300123_3.jpgO líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, visitou hoxe o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), situado dentro do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Foi recibido polo director científico do centro, Senén Barro, polo reitor da USC, Antonio López e pola directora adxunta do CITIUS, Paula López Martínez.
Dende un centro de referencia para o sector da ciencia en Galicia, Formoso resaltou o “talento enorme no ámbito do coñecemento e da ciencia” que ten a comunidade, incidindo en que “ten un pulso e un latexo permanente nos centros de investigación públicos”, dos cales destacou a “capacidade para transferir o coñecemento ao ámbito privado e que redunde nun país máis competitivo”.
formoso_citius_300123_2.jpgReivindicou o apoio dos socialistas á investigación, o I+D+i, a ciencia ou a tecnoloxía, xa que “é unha das nosas bandeiras”, asegurou, están moi preocupados porque a comunidade “vai a remolque” do que se fai no resto de España e de Europa. Puxo como exemplo do que fai falta en Galicia a “moderna” Lei de Ciencia que impulsou o goberno de España que busca “mellores condicións laborais do persoal investigador para frear a enorme fuga de talento que temos no país nos últimos anos”.
formoso_citius_300123_1.jpg Valentín González Formoso subliñou a importancia deste momento histórico para aproveitar os fondos europeos que se dedican ao financiamento de proxectos de investigación, unha “gran oportunidade dos sectores produtivos galegos para competir no mundo globalizado”.
Finalizou reiterando a importancia que lle dan dende o PSdeG á investigación, xa que para eles “Galicia sen a súa ciencia, sen os seus investigadores, non é un país de futuro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?