Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC estrea unha plataforma de educación en aberto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC estrea unha plataforma de educación en aberto

Redacción
Publicado: 31/01/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

creahlands.jpgA Universidade da Coruña estrea unha plataforma de educación en formato MOOC na UDC Aberta co MOOC Xestión creativa do patrimonio e a paisaxe rural, no que participan oito socios europeos nunha iniciativa coordinada polo profesor da Facultade de Socioloxía da UDC, Manuel Docampo. Conta coa colaboración de Akademia Humanistyczno-Ekonomiczna w Łodzi (Polonia), Centro Italia (Italia), Fundación Uxío Nononeyra (España), GRM Novo Mesto (Eslovenia); Timesis Ltd – Montepisano DMC (Italia), UC Limburg (Bélxica), e a Universidade Católico Portuguesa (Portugal).
O curso Xestión creativa do patrimonio e a paisaxe rural ofrece unha aprendizaxe para o desenvolvemento das competencias necesarias para afrontar o reto da xestión creativa do patrimonio e a paisaxe cultural nas zonas rurais a medio e longo prazo. O seu obxectivo é formar aos participantes na xestión cultural e dinamización de maneira transversal, participativa e innovadora, comezando polo recoñecemento do valor estratéxico do patrimonio rural para conseguir territorios máis cohesivos e integrados, con maior participación social.
O curso está estruturado en catro módulos de aprendizaxe máis un módulo inicial para a introdución e un final destinado á avaliación. En cada un dos módulos o alumnado terá acceso a unha serie de leccións con materiais comúns como vídeos explicativos ademais de recursos de apoio escritos e actividades complementarias. O estudantado precisará aproximadamente un total de 20 horas de aprendizaxe ou cinco semanas para completar o curso.
Está destinado a técnicos e xestores de turismo ou patrimonio; coordinadores e monitores socioculturais; expertos e profesionais relacionados co desenvolvemento local, turismo cultural e patrimonio; estudantes e profesionais que precisen reciclarse cara novos tipos de turismo; emprendedores, habitantes do rural en xeral, graduados en Paisaxe e Historia da arte así como a persoas interesadas na materia.
Non se precisa experiencia laboral nin coñecemento previo. O curso é de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?