Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A exposición AI: More than Human pecha con grande éxito
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A exposición AI: More than Human pecha con grande éxito

Redacción
Publicado: 06/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aihum_049.jpgDende inicios do mes de decembro, e especialmente durante todo o mes de xaneiro, a sede de Afundación na Coruña recibiu cada día máis de 190 persoas para visitar a exposición AI: More than Human ratificando o interese da poboación da Coruña e Galicia pola revolución da intelixencia artificial, un fito tecnolóxico que xera importantes oportunidades para Galicia tras a designación da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
A exposición, inaugurada o 5 de setembro de 2022 e seguramente a mostra sobre Intelixencia Artificial (IA) máis importante nunca celebrada en Europa, despídese da cidade hoxe mesmo tras recibir máis de 20.000 visitantes, moi por encima do máximo previsto. Así, dada a complexidade dos contidos e temáticas tratados, no deseño dos percorridos, primouse a calidade da experiencia do visitante, cunha media de permanencia dunha hora e media.
aihum_042.jpg Creada polo Barbican Centre de Londres (Reino Unido) e coproducida polo Forum Groningen (Países Baixos), a exposición AI: More than Human, de gran formato, aproxima ao visitante ás orixes, o presente e o futuro da Intelixencia Artificial. Un percorrido polos retos e as oportunidades que a intelixencia artificial expón ao ser humano, comezando nas súas antigas raíces ancoradas no sintoísmo xaponés e os primeiros experimentos de Ada Lovelace e Charles Babbage no campo da informática, ata os grandes desenvolvementos realizados desde a década de 1940 ata a actualidade.
Ao redor da exposición organizáronse actividades paralelas: un ciclo de cinema, un ciclo de conferencias de dous meses de duración que atraeu á Coruña a algúns dos principais expertos en intelixencia artificial de España e Europa, e unha xornada de traballo sobre música creada por máquinas intelixentes.
Para facilitar unha mellor aproximación aos contidos da exposición, que se repartiron polos cinco andares da sede de Afundación na Coruña, o equipo da Obra Social de ABANCA puxo en marcha un completo programa de visitas guiadas para todos os públicos. E resultou ser un éxito. As entradas para esta opción esgotáronse a mediados de xaneiro.
aihum_041.jpg Cuns programas didácticos, adaptados a todas as idades, a área Educativa de Afundación preparou un percorrido pola mostra de maneira que os participantes en cada unha das visitas puidesen contextualizar desde a base histórica dos principios da intelixencia artificial, ata os desenvolvementos posteriores que, hoxe en día, teñen un impacto profundo na nosa vida diaria e no deseño dun futuro non moi afastado. Con lista de espera para os centros educativos xa desde o mes de decembro, case 5.000 escolares puideron coñecer AI: More than Human. Da man dun equipo de especialistas visitaron unha exposición na que gozaron especialmente da presenza do can Aibo, dotado de intelixencia artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?