Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPXG crea un rexistro de medios dixitais galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPXG crea un rexistro de medios dixitais galegos

Redacción
Publicado: 15/02/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

63c6d6ba50-presentacion_nrede.jpgO Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de poñer en marcha un Rexistro de Medios Dixitais Galegos, NRede, para recoñecer os medios de comunicación con criterios xornalísticos que existen no eido dixital. Ante a crecente aparición de espazos na Internet susceptibles de seren considerados medios de comunicación, NRede vai ofrecer á cidadanía a garantía de que a información á que está tendo acceso é froito dun traballo profesional e respecta a deontoloxía do xornalismo, distinguíndoa así doutro tipo de contidos dixitais. Igualmente, pretende servir de axuda para que estes medios teñan máis argumentos para o acceso a subvencións públicas ou para acreditarse en determinados eventos.
O decano do Colexio de Xornalistas, Francisco X. González Sarria, salientou que NRede “é unha ferramenta necesaria nos tempos da dixitalización de contidos para separar o grao da palla; para que lectores e administracións identifiquen as empresas que realmente realizan un labor xornalístico”. Pola súa parte, Darío Janeiro, secretario do Colexio e coordinador do proxecto, salientou a importancia de contar “cun certificado fiable e actualizado, mantido por unha entidade de referencia como o Colexio de Xornalistas, onde tanto cidadáns, administracións, entidades ou empresas que se relacionen cun medio dixital poidan verificar que cumpre cos estándares profesionais”. “En tempos de desinformación e de proliferación de espazos na rede de dubidosa orixe e intencionalidade, dispor dunha ferramenta como NRede pon en valor a aposta do CPXG de salientar o traballo de medios de comunicación e xornalistas”, concluíu.
nrede.jpgNRede vai servir para que as institucións, empresas e cidadanía en xeral poidan saber se o sitio web que están a visitar cumpre, de maneira probada, cos requisitos para poder ser considerado un medio de comunicación, coas garantías que iso supón para a información que forneza. Deste xeito, dótase á poboación dunha ferramenta para evitar caer na desinformación que fomentan páxinas web non profesionais, ao tempo que se facilita ás autoridades, á sociedade civil e ao mundo empresarial un listado de medios de comunicación dixitais da nosa comunidade que poden tomar de referencia para consulta de información ou para o envío de notas de prensa. No que respecta ás e aos xornalistas, o feito de identificarse como traballadores dun medio de comunicación recoñecido como tal ha facilitarlles a acreditación en todo tipo de eventos e conferencias de prensa, dotalos de garantías fronte a posibles menosprezos e ataques por parte de actores de todo tipo e permitirlles xustificar o seu traballo informativo ante as autoridades.
Os medios que soliciten formar parte de NRede e cumpran os requisitos quedarán rexistrados nunha listaxe de libre acceso para consulta da cidadanía. Serán recoñecidos tamén mediante o selo de Medio Dixital Galego, co seu número de rexistro, que poderán visibilizar nas súas páxinas web de cara a se identificar como un espazo de comunicación con contidos xornalísticos. Este selo terá vixencia anual, sendo necesaria a súa renovación pasado este tempo. Ademais, o Colexio de Xornalistas solicitaralle á Xunta de Galicia a inclusión dos medios certificados por NRede na Guía da Comunicación editada pola administración autonómica.
Para solicitar a inclusión no rexistro de NRede, o medio debe estar constituído como empresa xornalística ou entidade legalmente rexistrada (ou ben os seus autores estaren dados de alta como autónomos), estar ao corrente das obrigas con Facenda e a Seguridade Social e ter no cadro de persoal ou na organización empresarial cando menos unha persoa licenciada ou graduada en Xornalismo ou colexiada no CPXG. Os medios inscritos deben desenvolverse principalmente na contorna dixital e cubrir información de interese xeral mediante a produción propia de contidos actualizada de forma periódica. Son requisitos tamén un mínimo de seis meses de traxectoria demostrable (tres anos no caso de anuarios) e o respecto ao Código Deontolóxico do Xornalismo Galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?