Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo plan formativo do Clúster TIC Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo plan formativo do Clúster TIC Galicia

Redacción
Publicado: 20/02/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

landing-cluster-tic-ene23.jpgO Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, vén de lanzar un novo plan formativo, gratuíto e en liña, dirixido a traballadores por conta allea, autónomos e desempregados, co obxectivo de mellorar as súas competencias e habilidades dixitais en ámbitos como intelixencia artificial, ciberseguridade, cloud computing, big data, desenvolvemento e analítica web ou programación.
Esta convocatoria contempla preto de 90 cursos que se desenvolverán de marzo a novembro. Non obstante, a previsión é incrementar este número ao longo do ano, segundo a demanda de cada acción formativa, e coa perspectiva de chegar ao redor de 300 cursos en total.
A programación está enmarcada dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e conta cun orzamento estimado de 2,2 millóns de euros, do cal xa están aprobados 668.846 euros, financiados polos fondos Next Generation da Unión Europea e canalizados a través do Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Xunta de Galicia.

Modalidades e obxectivos

As formacións impártense en dúas modalidades, a través de plataformas de teleformación (asíncrona) e por aula virtual en directo (síncrona), e están centradas no ámbito tecnolóxico aínda que tamén hai unidades formativas transversais. Con esta programación, o Clúster TIC Galicia pretende ofrecer unha formación upskilling, reforzando as habilidades que xa teñen os traballadores en activo, e reskilling, para a adquisición de novas competencias por parte do alumnado que actualmente está á procura de emprego.
O obxectivo é que os empregados asuman distintas responsabilidades e funcións ou opten a outros postos dentro da súa empresa e, no caso das persoas desempregadas, que poidan reciclarse profesionalmente, adaptándose a un mundo laboral cada vez máis cambiante, aumentando as súas posibilidades de atopar traballo.
Isto, ademais, pode redundar nun incremento da oferta de perfís tecnolóxicos no mercado, o que favorecería ao sector TIC galego, que precisa incorporar este tipo de profesionais para cubrir a demanda crecente das empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?