Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Comisión Europea considera a TikTok unha ameaza de seguridade e promove as conexións a 1 Gbps
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Comisión Europea considera a TikTok unha ameaza de seguridade e promove as conexións a 1 Gbps

Redacción
Publicado: 24/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

comision_europea_thierry_breton_p060352-134560.jpgPara aumentar a súa ciberseguridade, o Consello de Administración da Comisión Europea decidiu suspender o uso da aplicación TikTok nos seus dispositivos corporativos e nos dispositivos persoais afiliados ao servizo de dispositivos móbiles da Comisión. Esta medida ten por obxecto protexer á Comisión fronte ás accións e ameazas de ciberseguridade que poderían explotar terceiros para levar a cabo ciberataques contra a contorna corporativa da Comisión.
A medida axústase ás estritas políticas internas de ciberseguridade da Comisión Europea aplicables ao uso de dispositivos móbiles nas comunicacións relacionadas co traballo. Tamén complementa as recomendacións que a Comisión leva formulando desde hai tempo ao seu persoal para que aplique as mellores prácticas ao utilizar as plataformas de redes sociais e manter un alto nivel de cibersensibilización no seu traballo diario.
A suspensión é unha decisión corporativa interna que se limita estritamente ao uso dos dispositivos afiliados ao seu servizo móbil, aínda que non é a única medida tecnolóxica adoptada, pois tamén deu a coñecer unha serie de accións destinadas a pór a conectividade gigabit a disposición de todos os cidadáns e empresas da Unión Europea de aquí a 2030, en consonancia cos obxectivos da Década Dixital de Europa e a facilitar a transformación do sector da conectividade na Unión Europea.
comision_europea_thierry_breton_p060352-98126.jpg As iniciativas desta semana en materia de conectividade consisten no seguinte:
– En primeiro lugar, a Comisión adoptou unha proposta de Lei de Infraestruturas de Gigabit, que establece novas normas para facilitar un despregamento máis rápido, barato e eficaz das redes de gigabit en toda a UE.
– En segundo lugar, tamén publicou un proxecto de Recomendación sobre o gigabit para orientar ás autoridades nacionais de regulación sobre as condicións de acceso ás redes de telecomunicacións dos operadores cun peso significativo no mercado, a fin de estimular un abandono máis rápido das tecnoloxías tradicionais e acelerar a despregadura de redes de gigabit.
– En terceiro lugar, a Comisión puxo en marcha unha consulta exploratoria sobre o futuro do sector da conectividade e da súa infraestrutura para solicitar opinións sobre a maneira en que a crecente demanda de conectividade e os avances tecnolóxicos poden afectar á evolución futura do sector da conectividade e as súas infraestruturas.
A Lei de Infraestruturas de Gigabit responde á demanda crecente de conectividade máis rápida, fiable e intensa en datos, e busca reducir a burocracia, os custos e a carga administrativa asociados á despregadura de redes gigabit, mellorando tamén a coordinación da obra civil entre os operadores de redes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?