Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 25 novos centros sumaranse ao programa de libro electrónico E-Dixgal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

25 novos centros sumaranse ao programa de libro electrónico E-Dixgal

Redacción
Publicado: 28/02/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

libro_dixital_edixgal_2.jpgA Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para incorporar 25 novos centros ao proxecto de educación dixital E-Dixgal, a través dos que se pon a disposición de centros e alumnado ultraportátiles con acceso a libros e materiais dixitais cos que desenvolver o seu proxecto curricular. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e a AMTEGA chega este curso a máis de 60.000 alumnos desde 5º de Primaria a 4º da ESO de 600 centros educativos de toda Galicia. Colaboran na súa implantación 10.000 docentes.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2023 e os centros interesados poderán pedir tanto ampliar etapa (por exemplo un centro público integrado que desenvolva o programa en Primaria pode tamén pedilo para ESO) como incorporarse ao programa.
No caso dos centros que se incorporen na etapa de Primaria, deberán impartir todas as áreas en modalidade dixital. Os que se incorporen en ESO, todo o alumnado deberá recibir un mínimo de seis materias en modalidade dixital a elección do centro, segundo o curso e tendo en conta que para este cómputo non se terán en conta as materias con só unha sesión lectiva á semana nin a de libre disposición de centro.
Os centros de nova incorporación manterán o programa durante catro cursos académicos, unha vez completada a implantación do proxecto na etapa correspondente, polo que a súa participación se prorroga de xeito automático. No caso dos centros que rematen a súa permanencia, renovarán este compromiso de forma automática, sen ter que facer unha nova solicitude, durante catro cursos académicos consecutivos máis, salvo renuncia expresa por parte do Claustro e do Consello Escolar.

Contidos e materiais

O profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolve a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais. De igual xeito, os centros teñen á súa disposición o repositorio de contidos educativos dixitais do espazoAbalar, con máis de 2.500 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas. A maiores, o profesorado pode crear, seleccionar ou engadir ao entorno os seus propios materiais.
Con estes recursos, os docentes poden elaborar a súa propia mochila dixital seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e incorporando os complementarios que desexen, así como outros de elaboración propia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?