Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta avanza na adaptación dos rexistros civís da Coruña e Vigo á plataforma para tramitar os expedientes por vía electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta avanza na adaptación dos rexistros civís da Coruña e Vigo á plataforma para tramitar os expedientes por vía electrónica

Redacción
Publicado: 03/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230303_rexistros.jpgO director xeral de Xustiza, José Tronchoni participou hoxe en Palma de Mallorca na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas. Entre os asuntos abordados inclúese o borrador do novo acordo de distribución dos fondos europeos no marco da estratexia estatal consensuada entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades do Plan Xustiza 2030. Así, a Xunta conta con que todos os fondos estean licitados a finais deste ano e ter o orzamento asignado executado en 2025.
Tal e como trasladou o director xeral de Xustiza, a Xunta tamén está a cumprir coa implantación da nova aplicación informática DICIREG que permite tramitar os expedientes de forma electrónica avanzando deste xeito cara ao rexistro civil dixital en cumprimento da Lei 20/2011 de Rexistro Civil. A través da AMTEGA estase a prestar a formación necesaria deste complexo sistema, o que fixo posible que estea implantado xa este mes nos dous rexistros civís exclusivos da Coruña e Vigo coa adaptación da documentación a formato dixital. Para culminar este cambio de sistema no rexistro da Coruña reforzouse o persoal neste mes con dous funcionarios.
Outro dos temas abordados ten que ver co deseño de sedes xudiciais sustentables, un aspecto que o Goberno galego ten moi en conta nas recentes infraestruturas xudiciais ao apostar sempre que é posible pola rehabilitación de antigos edificios como é o caso do antigo hospital xeral na Cidade da Xustiza de Vigo. Nesta liña, o director xeral de Xustiza incidiu no compromiso da Administración autonómica coa eficiencia enerxética, a sustentabilidade e a accesibilidade nas sedes xudiciais previstas no Plan de Infraestruturas Xudiciais.
Coas comunidades onde aínda non entraron en funcionamento as novas unidades xudiciais previstas para este ano tamén se tratou este tema. Non é o caso de Galicia que, como cada ano, o 31 de decembro, cumpre coa posta en marcha dos novos xulgados asignados polo Goberno central, como ocorreu este ano cos de Primeira Instancia número 15 da Coruña, o 16 de Vigo e o 6 de Lugo.
Por outra banda, Galicia votou a favor da necesidade de asinar un convenio co Ministerio de Xustiza para que poña á disposición das comunidades autónomas con competencias transferidas en materia de xustiza as aplicacións e solucións tecnolóxicas.
Cómpre lembrar, que na xornada de onte o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, detallou as medidas de dixitalización no ámbito da administración de xustiza ao abeiro do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dos fondos europeos Next Generation. En concreto, as medidas do coñecido Proxecto Cero financiado con fondos Next Generation para investimentos en melloras da infraestrutura tecnolóxica e en proxectos de ciberseguridade. Trátase de medidas aliñadas co Plan Senda 2025 da Xunta relacionadas coa instalación de 1.724 postos de traballo deslocalizados e os seus correspondentes sistemas de escritorios virtuais, solucións adicionais de ciberseguridade e a renovación das salas de vistas nos xulgados galegos para que funcionen de xeito integramente dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?