Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous equipos vigueses representarán a Galicia na Gran Final Nacional da FIRST LEGO League
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous equipos vigueses representarán a Galicia na Gran Final Nacional da FIRST LEGO League

Redacción
Publicado: 06/03/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

img_7715_primeiro.jpgMáis de 300 mozos e mozas de entre catro e 16 anos participaron este sábado na novena edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) que tivo lugar no Campus Industrial de Ferrol. Como novidade, este ano, as presentacións dos Proxectos de Innovación realizáronse na Facultade de Humanidades e Documentación e máis na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol mentres que o Xogo do Robot se disputou no Pavillón de Esteiro. Pola súa banda, o Auditorio Municipal de Ferrol acolleu a entrega de premios, xa en horario de tarde, á que asistiron participantes, autoridades e familias.
Logo dunha intensa mañá de presentacións, probas e moitos nervios, o equipo STEAM GIRLS Las Acacias do Colexio de Fomento Las Acacias de Vigo acadou o Primeiro Premio Ingeniera Soy ao Gañador. En segundo lugar quedou o equipo Las Acacias BOT, tamén do Colexio de Fomento Las Acacias de Vigo, co Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador. Deste xeito, ambos os dous equipos conseguen clasificarse para participar na GRAN FINAL NACIONAL da FIRST LEGO League que terá lugar os días 25 e 26 de marzo na Universidad Politénica de Cartagena en Murcia.
img_7705_segundo.jpg O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, foron os encargados de entregarlles os trofeos e diplomas aos dous equipos gañadores. Con todo, no acto de entrega de premios participaron tamén o alcalde do Concello de Ferrol, Ángel Mato, a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao Rodríguez, o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, Jorge Dahl de Sobrino, o director comisionado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, Andrés José Piñón, a responsable de I+D de Gabadi, Laura Fernández, e a representante de PuntoGal, Cristina Ríos. Asistiron ao evento, a alcaldesa de Narón, Marían Ferreiro, e o concelleiro delegado da Área de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas do Concello de Ferrol, Antonio Golpe, entre outras autoridades.
A Universidade da Coruña, a través do Campus Industrial e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, e en colaboración con ingeniera.soy, organizou a novena edición da FLL Galicia, un campionato no que participaron un total de 44 equipos (22 na categoría FLL Challenge, 21 na FLL Explore e 1 na FLL Discover), máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia e preto de 100 voluntarios e voluntarias. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, puido seguirse en directo a través da canle de You Tube da FLL Galicia.
Como cada ano, colaboraron nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego – dependente da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, R Cable, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.

Premiados

– Primeiro Premio Ingeniera Soy ao Gañador – STEAM GIRLS Las Acacias do Colexio de Fomento Las Acacias de Vigo
– Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador – Las Acacias BOT do Colexio de Fomento Las Acacias de Vigo
– Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST – Catabótica do IES Catabois de Ferrol
– Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores FIRST – MEGA RIBEIRA SUPER LEGO de Mega Riveira de Ribeira
– Nominación National Innovation Award – OS ROBOTS DO PAZO do IES de Fene
– Premio Xunta de Galicia ao Proxecto – OS ROBOTS DO PAZO do IES de Fene
– Premio ao Deseño do Robot – ROBOT CITY POBRA de Mega Riveira de Ribeira
– Premio ao Comportamento do Robot – MEGA BUILDER TEAM de Mega Riveira de Ribeira
– Premio Gabadi á Execelencia en Enxeñaría – CTRL+T do IES As Telleiras de Narón
– Premio PuntoGal ás Novas Promesas – R4PZ4POS de Gazapo Xestión SL de Narón
– Premio ao adestrador – Manuel Couceiro Martínez (CTRL+T do IES As Telleiras de Narón)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?