Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto de 9 mil mulleres traballan no sector TIC galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto de 9 mil mulleres traballan no sector TIC galego

Redacción
Publicado: 07/03/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

emprego_feminino_tic.jpgOs cadros de persoal das empresas tecnolóxicas de Galicia están formados nun 67% por homes e nun 33% por mulleres aínda que nos últimos anos estase a experimentar un cambio de tendencia, ao crecer a maior ritmo o emprego feminino que o masculino.
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) analizados polo Observatorio da Información e a Modernización de Galicia (Osimga), o sector tecnolóxico empregaba a un total de 8.983 mulleres en 2022, o que supuxo un crecemento dun 5,5% con respecto a 2021. No caso dos homes tamén houbo crecemento no emprego, pero foi do 5%.
En canto aos estudos superiores, tamén segue a ser inferior a presenza de mulleres nas carreiras relacionadas coas enxeñarías e a arquitectura, nas que representan o 26,9% do alumnado. O dato contrasta coa situación xeral no sistema universitario, no que máis do 55% do alumnado son mulleres.

Contidos
  • Sen fenda dixital na cidadanía
  • Iniciativas da Xunta para eliminar as fendas de xénero
  • Actuacións de impulso do talento dixital feminino

Sen fenda dixital na cidadanía

No que se refire ás habilidades dixitais da cidadanía, a fenda dixital non é perceptible en Galicia, xa que tanto no uso de dispositivos electrónicos como no uso de internet a porcentaxe de mulleres usuarias é superior á dos homes.
O informe Mulleres en Dixital: o uso das TIC desde unha perspectiva de xénero, que hoxe pública o Osimga, indica que a porcentaxe que mulleres que declaran que accederon á Internet nos últimos tres meses é dun 89,6%, seis décimas máis que no caso dos homes.
Ademais, un 91,5% das mulleres declarou que utiliza dispositivos electrónicos, fronte ao 90,8% dos homes.
O único tramo de idade no que se mantén unha porcentaxe de usuarias inferior ao de usuarios é o que vai dos 65 aos 74 anos, no que as mulleres se sitúan a 2,3 puntos porcentuais dos homes. Así e todo, neste tramo de idade, as mulleres aumentaron en 4,3 puntos porcentuais o uso de internet no último ano, fronte aos 2,3 puntos de diferencia no caso dos homes.

Iniciativas da Xunta para eliminar as fendas de xénero

A especialización tecnolóxica e o avance cara a unha sociedade dixital e inclusiva son dúas das liñas principais da Estratexia Galicia Dixital 2030 da Xunta.
Entre as iniciativas da Administración autonómica para o logro dos obxectivos asociados a ambas liñas destaca a rede de aulas CeMIT, posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Conta con cerca de 110.000 persoas usuarias, das que o 60% son mulleres. Traballa de forma conxunta coa Programa de Voluntariado Dixital, formado por 700 persoas, das que o 60% son mulleres.
Entre outras actividades, as aulas desenvolven programas de inserción laboral e emprendemento como o denominado Muller TIC. En canto á promoción das vocacións tecnolóxicas ofertáronse durante estes últimos anos iniciativas como os obradoiros tecnolóxicos Tech Kids, dirixidos a nenas de entre 8 e 15 anos así como outras actividades con carácter steam. No ámbito da inclusión dixital destacan programas dirixidos a colectivos en risco de exclusión, como exemplos disto son as actividades Son muller e non estou soa ou Competencias dixitais para mulleres do rural.
As aulas CeMIT son tamén o escenario para a obtención do certificado de competencias dixitais. Máis de 5.100 persoas obtiveron este certificado na rede CeMIT, das que o 70% son mulleres. Esta porcentaxe apenas superaba o 50% en 2014.
Actualmente, estase a traballar na posta en marcha do novo Certificado Galego de Competencias Dixitais e a Rede de aulas CeMIT está nun proceso de ampliación e modernización.

Actuacións de impulso do talento dixital feminino

O fomento das vocacións dixitais entre as mulleres é tamén un obxectivo do Plan DigiTalent 2030. En concreto, co novo Plan de impulso á inclusión, capacitación e talento dixital en Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) continua a poñer o foco no apoio e promoción da redución da fenda de xénero, co obxectivo de espertar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas.
Durante o verán de 2022, a Axencia autonómica, en colaboración coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) puxo en marcha unha nova edición do Programa Girl STEAM, unha iniciativa que busca favorecer o uso da tecnoloxía dende unha perspectiva igualitaria, inspiradora e creativa durante a infancia e a adolescencia que aumente a visibilidade do rol da muller no sector tecnolóxico.
De xullo a setembro, ata 250 rapaces e rapazas de 8 a 15 anos tiveron a oportunidade de participar nos obradoiros formativos que se celebraron en 16 concellos galegos, ademais das instalacións do GaiásTech na Cidade da Cultura.
Durante o mes de outubro, púxose en marcha a II Edición do Programa Tech Kids: Ciberseguranza Kids, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG). Este programa ten por obxectivo achegar aos máis pequenos e pequenas os valores, normas e límites para unha navegación segura na Internet. A iniciativa desenvolveuse en formato contacontos, mesturando a narración e a ilustración cunha perspectiva lúdica e unha dinámica altamente interactiva na que participaron 28 centros escolares de Galicia e máis de 800 nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?