Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha Cátedra de Patrimonio Cultural Dixital permitirá a unhas trinta universidades participar nun máster interuniversitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha Cátedra de Patrimonio Cultural Dixital permitirá a unhas trinta universidades participar nun máster interuniversitario

Redacción
Publicado: 09/03/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

catedra_fqyv3exwaaekkzd.jpgA Xunta de Galicia, a Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo (CRUSOE) e a multinacional tecnolóxica NTT DATA presentaron hoxe en Santiago de Compostela a Cátedra Institucional de Patrimonio Cultural Dixital, tras a constitución da comisión de seguimento do convenio de colaboración asinado por representantes das tres institucións.
No acto participaron o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez; o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela e secretario xeral de CRUSOE, Antonio López, e o responsable global de Sector Público de NTT DATA, Óscar Abril.
O titular de Cultura da Xunta salientou a importancia da posta en marcha desta cátedra por promover “a investigación de vangarda a través de cuantificación, medida e valoración do patrimonio cultural dixital galego e fomentar a formación en nivel de posgrao”. Destacou, ademais, que a súa vinculación co Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas, situado no Edificio Fontán na Cidade da Cultura “reforzará o seu papel como centro xerador de coñecemento e impulso do patrimonio material e inmaterial”.
catedra_fqyv0w6waaatht9.jpg Pola súa parte, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, destacou que esta iniciativa súmase a outras actuacións da Xunta neste ámbito como o proxecto Memoria Dixital de Galicia, que se alberga nas instalacións da Cidade da Cultura, para dixitalizar documentos e recursos e impulsar o desenvolvemento de novos servizos e contidos para a industria e o turismo cultural; Galiciana, con máis de 5 millóns de obxectos dixitalizados, ou Galicia Nomeada, que difunde xunto coa Real Academia Galega máis de 500.000 topónimos e mantén unha canle aberta de participación cidadá.
Entre os obxectivos inmediatos da Cátedra atópase a creación dun Máster Interuniversitario en Patrimonio Cultural Dixital no que participarán cerca de 30 universidades europeas. Esta iniciativa permitirá desenvolver un programa de mobilidade do alumnado entre diferentes estudos e universidades; crear un programa Erasmus Mundus para a cooperación e mobilidade internacional; poñer en marcha un Doutorado Europeo en Patrimonio Cultural Dixital; así como un premio para traballos de fin de mestrado.
Entre as accións en marcha atópase tamén unha iniciativa de colaboración coas rexións alemáns de Saxonia e Turinxia para o apoio de proxectos interrexionais; un acordo de colaboración coa Axencia de Cooperación de México e o Reitorado da UNAM; ou a participación na convocatoria de Ecosistemas Europeos de Innovación do Consello Europeo de Innovación e a Axencia Executiva para a Pequena e Mediana Empresa da Comisión Europea (EISMEA).

4 accións preliminares

Ao longo de 2022, o Grupo de traballo de Patrimonio Cultural Dixital de CRUSOE levou a cabo catro accións específicas centradas en Galicia e coordinadas pola Universidade de Santiago de Compostela. O 22 de abril de 2022 celebrouse unha xornada interuniversitaria sobre “Cultura Dixital: capacidades, retos e oportunidades no Sistema Ciencia e Tecnoloxía, que contou con responsables e investigadores das tres universidades públicas galegas.
Tamén en 2022, convocáronse cinco grupos de traballo e, en colaboración coa consellería de Cultura e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia levouse a cabo unha consulta previa ao mercado. O resultado foi a identificación na nosa Comunidade de 35 propostas válidas xeradas por diferentes consorcios público-privado por un importe agregado total de 58 millóns de euros.
Por último, desenvolveuse unha acción piloto sobre turismo cultural intelixente e virtual da dirección xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?