Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: R mantén o patrocinio do equipo Celta Integra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

R mantén o patrocinio do equipo Celta Integra

Redacción
Publicado: 14/03/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

celta-integra---r_grupo7.jpgO director da Fundación Celta, Germán Arteta e o director de R, Alfredo Ramos, posaron esta mañá xunto a membros do equipo e do corpo técnico do conxunto Celta Integra no Salón Rexio da sede do R.C.Celta en Vigo, para pór en escena o novo acordo de patrocinio rubricado polo operador galego e a entidade olívica. Así, R volve patrocinar oficialmente o Celta Integra, que xoga en LaLiga Genuine, competición de equipos formados por persoas do colectivo con discapacidade intelectual e organizada por LaLiga.
Arteta expresou na xuntanza o seu agradecemento a R pola súa “xenerosidade e apoio ao equipo Fundación Celta Integra. Esta colaboración axúdanos ano tras ano a mellorar as oportunidades do noso equipo e a súa calidade de vida, contribuíndo ao seu crecemento, progreso e mellora, ademais de ampliar a formación dos seus integrantes da man do fútbol, utilizando este deporte como ferramenta transversal para transmisión de valores. Asociarnos con R permítenos obter unha maior difusión e visibilidade do proxecto, algo fundamental á hora de seguir captando novos aliados. Podemos dicir que Celta Integra xa non só é un proxecto da Fundación senón que se transformou nunha realidade froito de todos quen nos axudan a seguir crecendo”.
Alfredo Ramos explicou que para R colaborar co Celta Integra “é unha das accións que nos fai sentir máis orgullo e satisfai como empresa, porque cremos que de verdade estamos contribuíndo, aínda que só sexa un pouco, á construción dunha sociedade máis solidaria e xusta”.

R, co equipo nos partidos

O operador R xa é patrocinador oficial do Celta Integra ata o final da presente tempada 2022-23 de LaLiga Genuine: o logo de R estará presente no equipamento deportivo dos xogadores e do corpo técnico e figurará igualmente na web do equipo Celta Integra. Ademais, os xogadores do club vigués disputarán un partido amigable contra profesionais de R, entre outras accións incluídas no acordo.
Con este patrocinio, a Fundación Celta de Vigo e R poñen en común o interese de ambas as entidades por contribuír á mellora constante, o crecemento e a adaptación social do equipo e das persoas que o conforman. Do mesmo xeito, o operador galego mantén vixente neste acompañamento ao conxunto Celta Integra a súa inquietude pola colaboración social para contribuír á mellora de vida dos/das habitantes de Galicia a todos os niveis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?