Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As pemes galegas poden mellorar a súa produtividade con servizos de computación de altas prestacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As pemes galegas poden mellorar a súa produtividade con servizos de computación de altas prestacións

Redacción
Publicado: 20/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20230320_cesga_dihgigal.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do CESGA, Patricia Argerey, interveu esta mañá na reunión de presentación da Comisión de Oferta do Nodo de Computación de Altas Prestacións do Hub de Innovación Dixital Dihgigal, que ten como obxectivo acelerar a transformación dixital do tecido produtivo galego a través da oferta de servizos HPC avanzados. No lanzamento do Nodo HPC participou tamén o director de AMTEGA, Julián Cerviño, e representantes da Comisión de Oferta de Dihgigal (universidades, centros tecnolóxicos e empresas TIC).
Argerey expresou a súa satisfacción porque os Hubs de Innovación Dixital aproveiten as capacidades do ecosistema galego de innovación para potenciar a competitividade do tecido empresarial e industrial galego e apuntou que a posta en marcha deste Nodo HPC liderado polo CESGA, que se suma ao Nodo de Intelixencia Artificial que lidera a Universidade da Coruña e o Instituto Tecnolóxico de Galicia, permitirá acelerar a incorporación destas tecnoloxías clave por parte do sector industrial na Comunidade.
A Computación de Altas Prestacións permite, entre outros, resolver problemas moi complexos que requiren grandes necesidades de computación ou tratamento de datos, obter resultados máis detallados e precisos, mellorar a calidade dos resultados, facer novos descubrimentos, ou simular procesos, ofrecendo unha vantaxe competitiva ás empresas que a empregan. Trátase dunha ferramenta indispensable na Industria 4.0 e unha das tecnoloxías clave a nivel europeo, que dispón dun orzamento de máis de 8.000 millóns de euros no período 2021-2027 a través da iniciativa EuroHPC.
O CESGA achega ao sector industrial galego, a través de Dihgigal, as súas infraestruturas (como o supercomputador Finisterrae III) e o futuro computador cuántico, recursos computacionais e de almacenamento de datos, así como a súa experiencia na prestación de servizos a empresas é un dos nodos do Centro Nacional de Competencias en HPC, Big Data e Intelixencia Artificial Español e no ano 2022 beneficiáronse dos seus servizos máis dun cento de empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?