Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Julio Sánchez Agrelo incorpórase ao Consello Asesor de Emetel
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Julio Sánchez Agrelo incorpórase ao Consello Asesor de Emetel

Redacción
Publicado: 28/03/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

consejoasesoremetel_juliosanchezagrelo.jpgA consultora tecnolóxica Emetel incorporou ao seu Consello Asesor a Julio Sánchez Agrelo, quen dirixiu durante case 20 anos a División de Rede do operador de telecomunicacións galego R e que, actualmente, é presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e vogal no Colexio Oficial e Asociación Española de Enxeñeiros de Telecomunicación.
Sánchez Agrelo conta cunha experiencia de máis de 30 anos no sector TIC. Durante 19 anos dirixiu a División de Rede do operador de telecomunicacións galego, R, facéndose cargo desde o momento inicial da enxeñería, da construción e da operación e mantemento de toda a súa infraestrutura. Ademais, foi o director dos Datacenters do grupo R/Euskaltel.
Por outra banda, foi membro de diferentes consellos de administración, así como iniciou o seu propio negocio sendo emprendedor no mundo dixital, converténdose en cofundador de HUB Dixital, a primeira escola de negocios dixitais de Galicia (formación, outsourcing, selección e aceleración do Talento Dixital).
O presidente de Emetel, Manuel Lago, considerou esta incorporación como un orgullo: “Que se incorpore alguén como Julio Sánchez, sen dúbida axudaranos en todos os retos que temos por diante e achegaranos toda a súa experiencia e liderado en proxectos tecnolóxicos para potenciar a estratexia de crecemento da compañía”.
Pola súa banda, Sánchez Agrelo destacou que “nun mundo tan competitivo como é o do sector TIC, supón un gran reto colaborar nunha compañía como Emetel e contribuír ao seu crecemento”. Neste sentido, “espero poder axudar activamente a conseguir este obxectivo, logrando que a compañía se fortaleza como referente en infraestruturas tecnolóxicas, procesos de transformación dixital e ciberseguridade, de maneira completa e transversal”.
Deste xeito, con esta incorporación no seu Consello Asesor, Emetel reforza o seu obxectivo de achegar valor a través de tecnoloxía innovadora e útil como motor para a transformación cultural e dixital das empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?