Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lorenzana mantén un encontro co Clúster TIC Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lorenzana mantén un encontro co Clúster TIC Galicia

Redacción
Publicado: 18/04/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20230417_lorenzana.jpgA conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo unha xuntanza con representantes do Clúster TIC Galicia, para someter a repaso as necesidades do sector en Galicia e avaliar a colaboración que a Xunta e esta asociación manteñen no eido da formación laboral de persoas traballadoras en activo e desempregadas para dar resposta ás necesidades de man de obra que demanda o mercado. Durante este ano a Xunta destina preto de 700.000 euros ao convenio co clúster co que se espera formar máis de 1.700 persoas.
A Xunta de Galicia, tal e como debullou Lorenzana, declarou de carácter prioritario a formación para a cualificación e recualificación da poboación activa no sector TIC e outros como o Primario, a función loxística, naval, automoción, metalmecánico, enerxías renovables, TIC, construción, comercio, hidróxeno e minaría. Con esta declaración, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade quere atender de xeito prioritario ás necesidades de oferta formativa para a poboación activa vencellada con estes sectores polas necesidades de captación de persoal cualificado detectadas.
Tal e como subliñou Lorenzana no encontro, o sector TIC ten un rol relevante na transición dixital pola que se está a apostar no actual contexto socioeconómico. A formación de carácter non formal vencellada aos sectores produtivos que pivoten como sectores tractores eríxese así como un claro compromiso da Xunta de Galicia por dotar á poboación activa das competencias precisas que aumenten a súa empregabilidade.
O Clúster TIC Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que se constituíu en 2008 para reunir empresas, asociacións empresariais, colexios, asociacións profesionais e outros axentes do macrosector das TIC da comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?