Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Nodo Galego de Ciberseguridade e o Portal de Transparencia da Xunta reciben os premios Socinfo Digital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Nodo Galego de Ciberseguridade e o Portal de Transparencia da Xunta reciben os premios Socinfo Digital

Redacción
Publicado: 20/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230420_julian_cervinho.jpgO Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal e o Portal de Transparencia e Goberno Aberto da Xunta de Galicia recibiron esta mañá os premios Socinfo Digital, Galicia TIC organizados pola revista Sociedade de la Información Digital nas categorías de Cooperación de empresas TIC coas Administracións Públicas e Goberno Aberto, respectivamente. Os galardóns entregáronse durante a xornada sobre Prioridades TIC nas AAPP de Galicia ante os Fondos Next Generation que tivo lugar na sede de Afundación en Santiago de Compostela.
A xornada foi inaugurada polo director da AMTEGA, Julián Cerviño, que destacou que a Xunta ten xa en marcha preto do 90% dos proxectos correspondentes ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia xestionados por esta Axencia.
Destacou, neste sentido, que un total de 93 millóns de euros corresponden a proxectos que xa están licitados, en fase de execución ou executados. Estas iniciativas están englobadas en 26 liñas de actuación enmarcadas na Estratexia Galicia Dixital 2030.

Contidos
  • Premios Socinfo Digital
  • Capacitación dixital da cidadanía

Premios Socinfo Digital

O premio na categoría de Cooperación de empresas TIC coas Administracións Públicas e Goberno Aberto, concedido ao nodo CIBER.gal, foi recollido polo xefe da Subárea de Seguridade da AMTEGA, Gustavo Herva en presencia, como representación do sector privado, do presidente do Clúster TIC de Galicia, Antonio del Corral.
Tras recoller o premio, Herva referiuse ao carácter pioneiro do Nodo e agradeceu a vinculación e colaboración do INCIBE, o CCN, a Fegamp e as catro deputacións provinciais galegas, así como «a todas as entidades públicas e privadas que se adheriron a este espazo, poñendo á súa disposición os seus recursos e cooperando na execución das súas accións». En concreto, son máis de 50 entidades adheridas.
Pola súa banda, o premio de Goberno Aberto foi recollido polo director xeral de Simplificación Administrativa da Consellería de Facenda, Jesús Oitavén, que subliñou que o Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta contén máis de 2.256 páxinas web nas que se poden visualizar máis de 6.857 documentos, e cuxos contidos poden ser interpretados por un sistema de voz de contido.
Así mesmo, a información solicitada polos cidadáns é de moi distinta natureza, comprendendo áreas temáticas relacionadas coa ordenación do territorio e do medio ambiente, coa contratación pública, información en materia de persoal ou información de relevancia xurídica, entre outras.

Capacitación dixital da cidadanía

Na xornada tamén participou o director da Área de Sociedade Dixital da AMTEGA, Miguel Rodríguez, quen pronunciou unha conferencia na que se referiu á colaboración entre a Xunta de Galicia e as entidades locais para «dotar ao conxunto da cidadanía da capacidade necesaria para desenvolverse con confianza e seguridade no contexto dixital e reducir a fenda dixital entre zonas rurais e urbanas».
En canto ao novo Marco Galego de Competencias Dixitais, o director de Sociedade Dixital da AMTEGA destacou que «define os coñecementos, capacidades e aptitudes necesarias para o desenvolvemento dunha sociedade usuaria dos servizos dixitais en todos os ámbitos sociais e é o soporte sobre o que se asenta a súa certificación e acreditación».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?