Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA e Fujitsu asinan un acordo de colaboración para impulsar as tecnoloxías cuánticas dende Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA e Fujitsu asinan un acordo de colaboración para impulsar as tecnoloxías cuánticas dende Galicia

Redacción
Publicado: 21/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cesga_fujitsu_lois_orosa_fuphkfnwiaugtdp.jpgA multinacional tecnolóxica nipoa Fujitsu e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) asinaron hoxe un acordo para o establecemento dun centro de coñecemento cuántico en Galicia, situado en Santiago de Compostela, que acelerará a investigación conxunta utilizando tecnoloxías de computación cuántica e promoverá o desenvolvemento da industria cuántica tanto a nivel rexional como internacional.
O centro entrará en operación a partir de mediados de setembro de 2023, e é o de maior número de bits cuánticos que se instalará en España en 2023. Fujitsu e CESGA colaborarán estreitamente coas universidades galegas e a comunidade de investigadores do CSIC para impulsar o desenvolvemento e a investigación en tecnoloxías cuánticas, crear novo coñecemento na materia, atraer talento e investimento a Galicia, e promover o uso das tecnoloxías cuánticas para afrontar os retos sociais.
cesga_fujitsu_vivek_mahajan__fuo82txwcae9wqf.jpg Vivek Mahajan, director xeral de tecnoloxía de Fujitsu Limited, comenta que «estamos entusiasmados de cooperar co CESGA no novo International Quantum Center para impulsar o desenvolvemento da investigación tecnolóxica e as aplicacións industriais en Europa, e contribuír á creación de emprego e o desenvolvemento de recursos humanos na industria cuántica».
cesga_fujitsu_luis_orosa_fuo7mg0xoausv4h.jpg Lois Orosa, director xerente do CESGA, sinala que «esta colaboración con Fujitsu será clave para que Galicia impulse a súa xa relevante produción de novos desenvolvementos e investigacións, tanto en hardware como en software cuánticos nos vindeiros anos, axudándonos a situar aos nosos grupos de investigación nunha posición de liderado mundial e permitíndonos dar forma ao futuro da computación cuántica».
O CESGA estableceuse en 1993 para contribuír ao desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía utilizando computadoras de alto rendemento e tecnoloxías da comunicación en beneficio da sociedade. Debido á evolución das tecnoloxías cuánticas, o CESGA comezou unha intensa actividade en investigación en cuántica. Recentemente seleccionou a Fujitsu como socio para crear un hub internacional de tecnoloxía cuántica en Galicia, que lles permitirá dispoñer de todos os recursos necesarios para a creación de coñecemento, atraendo talento e asegurando futuros investimentos para a rexión.
cesga_fujitsu_oqc-10.jpg Como socio tecnolóxico do CESGA, Fujitsu contribuirá coa súa experiencia no campo da computación cuántica, adquirida a través do seu desenvolvemento continuo de tecnoloxías innovadoras cuánticas e relacionadas coa cuántica, incluíndo hardware e software para computación cuántica.
O CESGA está en proceso de instalación dun sistema de agrupación industrial baseada no simulador de computación cuántica de 34 bits cuánticos Fujitsu, así como un sistema de agrupación industrial adicional que consiste nun computador cuántico de 32 bits cuánticos baseado en superconductores desenvolvido pola compañía británica Oxford Quantum Circuits e un supercomputador Fujitsu PRIMEHPC FX700, equipado coa mesma CPU A64FX que a supercomputadora Fugaku. O CESGA instalará tamén o Digital Annealer de inspiración cuántica de Fujitsu que se atopará operativo a mediados de setembro de 2023.
cesga_fujitsu_ilana_wisby_fupaxf3xwaucrv7.jpg Ilana Wisby, directora xeral de Oxford Quantum Circuits, sinalou que «a nosa visión é permitir un enfoque máis fiable e fluído cara á computación cuántica. Isto marca outro fito importante para OQC a medida que continuamos brindando as nosas capacidades cuánticas líderes ao mundo. A tecnoloxía ten o poder de permitir descubrimentos que realmente cambian a vida e comprácenos traballar con CESGA e Fujitsu na súa viaxe cara ao futuro da computación».
cesga_fujitsu_gonzalo_romeo_fuo-xruxwaacmyr.jpg Para poñer en marcha a iniciativa, Fujitsu e CESGA planean executar tres casos de uso do mundo real con empresas galegas de alto perfil, aproveitando o Digital Annealer de Fujitsu para demostrar os beneficios potenciais e prácticos das tecnoloxías cuánticas e relacionadas coa cuántica.
Galicia vén realizando importantes investimentos en tecnoloxía cuántica grazas aos fondos FEDER de React EU proporcionados pola Comisión Europea xunto con fondos da Xunta de Galicia.


Vídeo coa presentación desta mañá

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?