Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC e Minsat colaborarán no ámbito da intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC e Minsat colaborarán no ámbito da intelixencia artificial

Redacción
Publicado: 25/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

convenio-minsait-001.jpgO reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinou esta mañá un convenio de colaboración co director Global de Cloud, Javier Muñoz Lagarón e o director Global de Administracións Públicas, Luis Fernández Hernando, da empresa Minsait, filial de Indra, co obxectivo principal de fomentar accións de formación e transferencia tecnolóxica no sector TIC, especialmente enfocadas na área de coñecemento e aplicación da intelixencia artificial.
A firma do convenio tamén contou coa presencia da alcaldesa Inés Rey posto que Concello e Universidade promoven e comparten proxectos estratéxicos para potenciar A Coruña como referente tecnolóxico no ámbito das TIC, co proxecto da Cidade das TIC, e a intelixencia artificial, coa consecución da sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
Este convenio de colaboración con Minsait ten como finalidade promover e potenciar a relación da Universidade co tecido produtivo e facilitar a chegada de solucións tecnolóxicas innovadoras, éticas e seguras baseadas en intelixencia artificial ao sector empresarial e industrial en beneficio da sociedade. Ademais, o convenio contempla a colaboración a través de actividades nas áreas da docencia e formación, o que reforzará a calidade e interese da oferta formativa da UDC dentro do ámbito das TIC e da intelixencia artificial en concreto.
convenio-minsait-004.jpgO reitor declarou que este convenio «é a primeira pedra para facer que a AESIA sexa unha realidade e axude ao desenvolvemento da universidade e a cidade». Abalde explicou que o acordo recolle e amplía as colaboracións puntuais xa existentes entre a UDC e Minsait e agradeceu á empresa o apoio dado desde o inicio ao proxecto da Cidade das TIC. «Este convenio é un salto nunha colaboración xa existente, moi importante para a UDC pois vai permitir mellorar a formación e desenvolver o talento que necesitan as empresas tecnolóxicas», apuntou Abalde.
convenio-minsait-006.jpgPola súa parte o director Global de Administracións Públicas de Minsait, Luis Fernández, puxo de relevo a importancia deste convenio que permitirá a formación dos estudantes universitarios e tamén a recapacitación de traballadores nun contexto en que se necesitan expertos en IA. Só na súa compañía, Fernández calculou que en 2023 se contratará a 5.000 profesionais TIC. «A IA é a evolución natural do que levamos facendo durante trinta anos; xeráronse moitos datos e agora hai que analizalos para que sexan unha axuda na toma de decisións», manifestou, engadindo que ao reto da formación únese na actualidade o desenvolvemento da parte normativa “para un uso adecuado da algoritmia e a trazabilidade”.
convenio-minsait-009.jpgJavier Muñoz, director Global de Cloud de Minsait, reforzou a importancia do pertinente uso dos algoritmos para o que será de importancia a AESIA, de forma que aportará ética e responsabilidade para que os algoritmos sexan xustos. Muñoz puxo a disposición do desenvolvemento da cidade todas as capacidades de Minsait, cuxa sede na Coruña conta con 1.100 traballadores.
A alcaldesa incidiu en que este convenio que vai permitir crear un espazo de innovación conxunto entre a empresa e a Universidade «é un paso máis na configuración da Coruña como unha cidade de referencia nacional e internacional no ámbito da tecnoloxía».
convenio-minsait-0012.jpg «A UDC é un dos piares fundamentais para o crecemento da cidade», dixo, así como o sector empresarial que fixo que a cidade sexa, con 700 firmas, a área de Galicia con máis empresas do sector TIC. «As administracións públicas temos a obriga de xerar un ecosistema empresarial para que teñan un espazo en que crecer e xerar emprego de calidade», finalizou Rey.
Este convenio enmárcase dentro das actividades estratéxicas que se están a desenvolver por parte do Nodo UDC Coruña de IA, coordinado polo profesor da Facultade de Informática, Marcos Ortega, no marco de establecer intereses comúns e fomentar a colaboración entre a Universidade e o tecido social, reforzando desta maneira a aposta da UDC pola intelixencia artificial e a súa implantación responsable na sociedade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?