Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Mesa denuncia a escaseza de contidos audiovisuais en galego para o público infantil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Mesa denuncia a escaseza de contidos audiovisuais en galego para o público infantil

Redacción
Publicado: 27/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

a_mesa_nl_oi000636.jpgA Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta mañá en rolda de prensa o Informe Xabarín 2023, no que analiza a presenza do galego nos contidos infantís e xuvenís ofrecidos nas canles temáticas dispoñibles nas principais plataformas audiovisuais. Segundo este estudo, só a programación infantil e xuvenil da TVG garante unha mínima presenza do galego na grella das principais operadoras de servizos de televisión. No conxunto das operadoras analizadas (Movistar, Vodafone, R e Orange), o galego está presente un total de 2 horas e 25 minutos ao día, todos eles nas emisións da TVG2, un 0,83% do total de horas ofertadas.
Estes datos, unidos aos sociolingüísticos, confirman a necesidade e a urxencia da Iniciativa Xabarín que A Mesa espera que se comece a executar antes de setembro, tal e como lle indicaron desde a dirección da CRTVG. “O audiovisual é un sector estratéxico do punto de vista lingüístico, social, cultural e económico”, recordou na presentación do informe o presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira. “É fundamental para a supervivencia do idioma que, desde Galiza, o goberno galego se implique en asegurar máis e mellores contidos audiovisuais no idioma propio”, asegurou, “nomeadamente para a infancia e a mocidade, poñendo todos os medios ao seu alcance”. “A infancia e a mocidade galega precisan a referencia e o espazo audiovisual para poder usar o galego”, sentenciou Maceira.
En relación ás plataformas audiovisuais de ámbito estatal, na pública RTVE Play a oferta infantil é do 0% mentres a xeral é de 0,53% con 4 filmes en versión orixinal en galego mais que nun caso (Cuñados) non se pode ver nesta versión e noutro (A illa das mentiras) resulta imposible acceder aos diálogos na nosa lingua. No resto de plataformas, a oferta en galego é do 0%, agás en Filmin, que conta con versións subtituladas ou dobradas en 0,30% do seu catálogo xeral e 0,74% do infantil. No conxunto de plataformas estatais, a presenza do galego é do 0,18% no catálogo xeral e do 0,28% do infantil e xuvenil. Nas plataformas internacionais é onde maior incidencia tiveron as campañas sociais desenvolvidas pola Mesa pola Normalización Lingüística. Con todo, o galego só conta con opcións dobradas ou subtituladas en Netflix e Prime Video. Netflix, cun 1,89% sería a única plataforma que malia non ter obrigas cumpriría os mínimos legais respecto ao galego que si teñen as plataformas estatais. No conxunto das tres analizadas (Netflix, Prime Video e HBO), o galego estaría nun 0,92% do catálogo xeral e no 1,1% do infantil.
Maceira denuncia que a obriga de garantir oferta en galego para o público ata 12 anos é sabotada polas compañías públicas e privadas estatais, “coa complicidade do goberno español”. “Todas as operadoras e plataformas de servizos televisivos seguen o exemplo da canle pública RTVE”, asegura, “incumprindo a lexislación audiovisual” e “nin emiten nin dispoñen de oferta en galego, malia que segundo a Lei xeral de comunicación audiovisual tería que ser do 2,5 % da programación e do 1,5% catálogo de TVE e dos contidos das fornecedoras de servizos audiovisuais televisivos a petición de ámbito estatal”.
Neste sentido, dende a Mesa recórdase que existe responsabilidade da Xunta na aplicación da Iniciativa Xabarín, votada unanimemente no Parlamento, mais tamén a obriga do goberno español de facer cumprir as súas propias leis. O presidente da Mesa denuncia, polo tanto, “o incumprimento sistemático das disposicións legais favorables ao galego aínda que, como neste caso, as obrigas sexan mínimas e nin sequera se aproximan á igualdade”
“Na oferta audiovisual”, lamenta Maceira, “semella que o galego non ten ningún status legal e que a oficialidade non existe”. “Que despois de 40 anos de lei de normalización lingüística aínda teña que ser a sociedade quen se mobilice para conseguir avances encanto os poderes públicos boicotean os seus propios acordos”, denuncia, “é indicativo da supervivencia do desprezo polo galego”. “Aos responsables públicos do goberno español e de RTVE non lles dá vergoña que corporacións como Netflix ou Amazon atendan máis as reclamacións cidadás e do parlamento galego?” pregunta Maceira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?