Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As oficinas de emprego axustarán os perfís ás demandas reais do mercado grazas á IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As oficinas de emprego axustarán os perfís ás demandas reais do mercado grazas á IA

Redacción
Publicado: 10/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230510_lorenzana_01.jpgA conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avogou hoxe por unha cultura que impulse a sustentabilidade empresarial e polo emprego da intelixencia artificial para axustar de xeito máis áxil a oferta e a demanda de emprego, no marco da clausura da III Feira de Emprego da Escola de Relacións Laborais da Coruña, que nesta ocasión tivo por tema A intelixencia artificial na contorna laboral.
A titular de Promoción do Emprego lembrou que o seu departamento está a renovar de maneira íntegra o Servizo Público de Emprego de Galicia, para identificar, a través da intelixencia artificial e a analítica avanzada, as necesidades do mercado laboral en tempo real e así axustar axilmente e de maneira máis efectiva os perfís coas candidaturas.
Neste marco botará a andar nas oficinas de emprego a nova ferramenta tecnolóxica EMI (Emprego Intelixente), que entre outras funcionalidades contará cun navegador competencial, cun emulador de ocupacións e cun recomendador de formacións, que comezará a implantarse nas próximas semanas, e a modo de proxecto piloto en tres destas dependencias (Ordes, Pontevedra e Cambados).
20230510_lorenzana_02.jpgLorenzana dirixiu parte do seu discurso ao tecido empresarial para que aposte polo equilibrio entre o crecemento económico, o respecto ao medio ambiente e o benestar social. “É importante que as empresas entendan que a sustentabilidade implica poder conseguir que o capital humano se quede, que todo o investido na súa formación faga crecer á empresa”, indicou.
Coa forza laboral formada e as empresas coidando das súas traballadoras e traballadores, parece que o reto de vencellar oferta e demanda está xa máis próximo, manifestou en relación coa aposta que a Xunta de Galicia mantén para dar cobertura a postos vacantes na comunidade e poder, á vez, mellorar a ocupación de galegas e galegos.
O Goberno galego, dixo a conselleira, está a contribuír coas súas políticas activas de emprego a artellar medidas para que o casamento entre oferta e demanda de traballo resulte un proceso satisfactorio tanto para empregadores como para empregados.
Lorenzana puxo ao dispor do alumnado da ERLAC asistente á feira, por outra banda, a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que promove a iniciativa empresarial por conta propia e brindará asesoramento especializado a través de 15 oficinas que darán cobertura, antes de que remate o ano, ao 100% do territorio galego.
Na feira de hoxe, que Lorenzana cualificou de “oportunidade”, tomaron parte unha vintena de empresas que achegaron ao alumnado un cento de ofertas de traballo. Destacou a posibilidade de que as persoas mozas conten con este punto de encontro que as conecta coa realidade do mercado laboral, achega información de utilidade e pode resultar precursora de novas oportunidades profesionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?