Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A impresión 3D e os NFT centraron unha xornada organizada pola Deputación de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A impresión 3D e os NFT centraron unha xornada organizada pola Deputación de Pontevedra

Redacción
Publicado: 11/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme_solucions_innovadoras_vigo_1.jpgA sede de Vigo da Deputación vén de acoller unha xornada con motivo da terceira edición do programa de Desenvolvemento de Solucións Innovadoras promovido no marco de SmartPeme. O principal obxectivo do evento é o de involucrar o tecido empresarial da provincia no compromiso social para fomentar o emprendemento no ámbito da Responsabilidade Social Corporativa. Para iso, a Deputación programou unha serie de conferencias a cargo de emprendedores de relevancia no panorama galego e estatal, Carlota Corzo e Guillermo Martínez, así como dúas accións formativas sobre fabricación 3D e NFT e un almorzo networking para crear sinerxías entre os participantes e seguir impulsando a innovación e mais o talento na provincia de Pontevedra.
smartpeme_solucions_innovadoras_vigo_10.jpg A coruñesa Carlota Corzo foi a encargada de arrancar a xornada cun relatorio titulado Reformulando as doazóns. Esta licenciada en Belas Artes fixo do emprendemento a súa bandeira ao fundar a firma Lázzaro, unha plataforma que dá seguridade ás doazóns a ONG. Gañadora do premio social Jóvenes da Fundación Máshumano, Corzo tamén foi incluída en 2022 na lista dos 30 talentos españois de menos de 30 anos da revista Forbes. Durante o relatorio, sinalou a situación que viven actualmente as ONG en canto á súa fenda tecnolóxica e comentou as vantaxes de servizos como os que a súa firma ofrece, xa que permiten centralizar as doazóns con tecnoloxías blockchain coas que as e os doantes poden facer un seguimento total ata o seu destino final. A emprendedora sinalou tamén o uso dos NFT para as persoas que queren colaborar con ONG, por exemplo a través da súa implementación con influentes en redes sociais. Nos dous casos, con absoluta transparencia.
A continuación o enxeñeiro de Organización Industrial e diplomado en Tecnoloxía biónica Guillermo Martínez centrou o seu relatorio en Deseñando axudas, imprimindo cambios sociais, en sintonía co proxecto do que é fundador e director: Ayúdame 3D, unha organización sen ánimo de lucro que crea e entrega brazos impresos en 3D, nomeados trésdeses (próteses 3D), de maneira gratuíta a persoas con diversidade funcional de todo o mundo. A súa iniciativa empresarial levouno a facerse un nome dentro do mundo do emprendemento social e recibiu por el o premio Princesa de Girona 2020 na categoría Social. Martínez fixo un emotivo relatorio no que explicou o proceso que o levou a poñer en marcha este proxecto a raíz dunha viaxe a África colaborando cunha entidade sen ánimo de lucro. A partir de aí, abandonou o seu traballo nunha empresa de xoguetes para dedicarse a esta finalidade (os seus ingresos proceden das conferencias e da súa empresa de impresión 3D de trofeos). No transcurso da súa intervención tamén amosou vídeos de casos reais de persoas que, grazas ás trésdeses, mudaron as súas vidas.
O enxeñeiro foi tamén o encargado de impartir ás 12.00 un obradoiro sobre a construción das próteses que elabora no seu proxecto empresarial. Os participantes coñeceron o funcionamento e as vantaxes da impresión 3D como ferramenta para construír próteses que axudan a mellorar a calidade de vida da poboación de países con poucos recursos e puideron colaborar na construción destas pezas, que serán posteriormente doadas a Ayúdame3D.
O encontro pechouse a primeira hora da tarde co obradoiro Que é un NFT e como mercalo, no que Carlota Corzo e o seu compañeiro de Lázzaro, Iván Saiz, explicaron e familiarizaron aos asistentes cos NFT, ensinando, entre outras cuestións, como adquirilos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?