Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entréganse os II Premios DígochoEu
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entréganse os II Premios DígochoEu

Redacción
Publicado: 16/05/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premios_digochoeu_2023_01.jpgA pasada tarde a Cidade da Cultura acolleu o acto de entrega dos II Premios DígochoEu da CRTVG, gala á que acudiron os centros escolares premiados na edición deste curso escolar 2022-2023 e que puido seguirse en directo a través da Internet (podendo verse tamén este mércores ás 12:00 na TVG).
Na categoría de primaria, foron premiados os vídeos presentados polos centros CEIP Ramón Cabanillas de Santiago, co #DígochoEu de Ouro; o do CEIP Plurilingüe de Ponzos (Ferrol), co de Prata, e o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Praceres que gañou o #DígochoEu de Bronce. Na categoría de secundaria, o gañador do premio de ouro foi o IES Monte Carrasco de Cangas, seguido do IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada) que levou o #DígochoEu de Prata e o EFA A Cancela, das Neves, o de Bronce.
premios_digochoeu_2023_02.jpgE os premios especiais do xurado, aos vídeos enviados polos propios centros educativos foron para o CEIP de Quiroga (Lugo) na categoría de educación primaria e para IES Nº1 da Estrada, de educación secundaria. Resolveuse tamén o concurso Unha canción para Esther, entre os cinco grupos finalistas. O gañador foi o grupo King Kids co tema Dígocho eu. En segundo lugar quedou Olimpíadas rurais, de Diego de Braelle, seguido de Mentiras que o lume prendeu, de Chamaquito Pistolas; Río, de Rhome; e Dáche igual, hydn ft. Chris Indian.
Máis de 700 nenos e nenas de 20 centros escolares asistiron á entrega dos premios. O acto contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Gadis nesta iniciativa. Nesta ocasión, o xurado estivo composto por Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; a actriz María Foscaldo, máis coñecida pola súa personaxe Virtudes, e a xornalista e presentadora da TVG Loli Gómez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?