Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Declaración institucional da Xunta con motivo do Día da Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Declaración institucional da Xunta con motivo do Día da Internet

Redacción
Publicado: 17/05/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

letras-galegas-cabeceras_post-li.jpgCo gallo da celebración do Día Internacional das Telecomunicacións, a Sociedade da Información e a Internet, a Xunta de Galicia publicou a seguinte declaración institucional:
Francisco Fernández del Riego, a quen hoxe dedicamos o Día das Letras Galegas, lembraba no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, en 1960, o papel da Xeración Nós na modernización de Galicia. Citaba a Vicente Risco, “o ideólogo do grupo, que traballa denodadamente na europeización da cultura galega e pon ao seu servizo a técnica moderna”.
O proceso de transformación dixital das sociedades sitúanos de novo ante o reto que nos obriga a traballar denodadamente nun proceso de modernización que implica garantir a capacitación tecnolóxica da cidadanía e avanzar na especialización tecnolóxica na nosa Administración, nas nosas universidades e centros de investigación e no noso tecido produtivo. A técnica moderna ao servizo de nós.
Europa volve a ser o compás que debe guiar o noso rumbo coa súa aposta decidida por un desenvolvemento tecnolóxico centrado en criterios éticos e de confianza e baseado na tradición humanista dunha identidade común que deu como resultado un modelo de convivencia e benestar ao que non debemos renunciar.
Precisamente, esta identidade común vertebra o pensamento da Xeración Nós no que conflúen as posicións de quen se recoñecen habitantes dun mesmo planeta, constatando a interdependencia entre as sociedades e a existencia de intereses compartidos.
Nós volve a ser unha das bandeiras desa modernización. Así é como tamén se denomina o proxecto impulsado pola Xunta de Galicia e desenvolvido pola Universidade para situar ao idioma galego en pé de igualdade coas principais linguas do mundo nas contornas tecnolóxicas. Esta necesidade ponse hoxe de manifesto especialmente co desenvolvemento e extensión do uso dos chatbots, que fan accesibles á humanidade os vertixinosos avances da intelixencia artificial en todos os ámbitos do coñecemento.
Galicia avanza no obxectivo de mellorar o marco de relación e interacción da cidadanía coa Administración con tres eixos principais de actuación: configurar unha administración máis eficiente, máis personalizada e máis accesible. Para facelo, están en marcha actuacións que implican o uso de tecnoloxías como a propia intelixencia artificial, a xestión intelixente do dato, os servizos na nube, os novos modelos de centros de datos, a automatización de procesos ou o desenvolvemento de asistentes virtuais entendibles. Sen esquecer que debemos garantir a calidade dos servizos administrativos á persoas maiores, en moitos casos menos familiarizadas coas tecnoloxías.
Nese espírito modernizador representado por Nós, Galicia avanza tamén na súa propia evolución de país como un territorio máis intelixente e mellor conectado. Está en marcha un proceso de sensorización e monitorización do territorio que estenderá o uso de dispositivos de internet das cousas e que permitirá a xestión de información en tempo real para a mellora de actividades ou servizos como o transporte, a agricultura, a pesca ou o turismo. Un modelo que nos permitirá dispoñer dun xemelgo dixital de Galicia para afrontar con máis e mellor coñecemento ameazas como os cambios no clima, a xestión do carbono ou os incendios forestais.
Hoxe conmemoramos o día de internet. A rede é hoxe un dos hábitats principais das tecnoloxías, e non poderíamos imaxinar o seu avance sen a existencia deste hábitat. Todos os aspectos relacionados con esa administración intelixente, con ese territorio intelixente, con ese país especializado e con ese tecido produtivo adaptado están supeditados á evolución da rede e aos seus contidos.
E Galicia, como Europa, aposta por facelo ao servizo da cidadanía, con garantías para os dereitos fundamentais das persoas, con respecto á súa privacidade, garantindo a súa seguridade, con criterios de procura do benestar, da realización persoal e da felicidade. E co fundamento ético e cultural dos valores do Humanismo.
Galicia, cunha historia, unha cultura e unha lingua propias, é un dos territorios máis concienciados coa idea de Europa, a pesar da súa situación xeográfica periférica. A condición de meta do Camiño de Santiago –designado en 1987 Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa e Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2004– permitiulle cultivar unha relación fluída e permanente cos pobos e culturas de Europa. Así mesmo, pola Ruta Xacobea, dende os tempos de Carlomagno, circulan ideas, arte e literatura.
Sen dúbida, o espírito europeísta e europeizante manifestado a principios do século XX a través de Xeración Nós quedou patente na identidade de Galicia. Este espírito permanece e se transmite dende as institucións educativas e formativas, entre elas as universidades galegas, fieis á súa misión de mellora permanente da sociedade a través do coñecemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?