Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA e as tecnoloxías intelixentes entran no currículo educativo de ESO e Bacharelato
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA e as tecnoloxías intelixentes entran no currículo educativo de ESO e Bacharelato

Redacción
Publicado: 30/05/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20230530_roman_rodriguez_01.jpgO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou esta mañá na presentación das materias optativas autonómicas Intelixencia artificial para a sociedade e Tecnoloxías intelixentes, que se ofertarán o vindeiro curso escolar 2023-24 nas etapas de ESO e Bacharelato respectivamente. No acto, o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.
Este reforzo do currículo desde o ámbito autonómico responde a un dos obxectivos prioritarios da Xunta en materia educativa: ofrecer as ferramentas necesarias para responder axeitadamente aos novos desafíos da sociedade. Nesta liña, o ensino “ten que transformarse ao abeiro dos cambios tecnolóxicos, prácticos e loxísticos”, afondou o conselleiro, que subliñou o “modelo de éxito galego” caracterizado por unha “evolución tranquila” renovando e ampliando plans xa consolidados e implementando outros novos “para enfrontar os desafíos de hoxe e de mañá”.

Contidos
  • Intelixencia artificial
  • Tecnoloxías intelixentes
  • Asesoramento de expertos

Intelixencia artificial

20230530_roman_rodriguez_02.jpgEsta materia, que se ofertará para 4º de ESO cunha carga lectiva de tres horas semanais, busca avanzar na alfabetización e na mellora das competencias dixitais dos alumnos, en liña cos retos marcados na Estratexia Galega de Educación Dixital 2030.
O conselleiro Román Rodríguez destacou a súa transversalidade na medida en que “ofrece coñecementos útiles para calquera disciplina” e, ademais, cobra “particular relevancia en Galicia” tras o anuncio do establecemento na Coruña da sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial.
No seu currículo introdúcense aspectos da intelixencia artificial desde unha perspectiva dos alumnos como futuros usuarios dos sistemas intelixentes. Trátase de adquirir, a través dun enfoque transversal e coñecementos desta disciplina para que se familiaricen con ela e desenvolvan habilidades críticas e relevantes para o seu futuro.
Nesta liña, a materia estrutúrase en catro bloque: que é a intelixencia artificial, o impacto da intelixencia artificial (no que se abordarán cuestións como a ética, a sustentabilidade e os aspecto legais), áreas da intelixencia artificial (percepción e actuación, representación e razoamento, aprendizaxe automático e interacción natural) e aplicacións de intelixencia artificial (como a robótica autónoma ou a Internet das Cousas).

Tecnoloxías intelixentes

20230530_roman_rodriguez_03.jpgTecnoloxías intelixentes ofertarase en 1º curso de Bacharelato cunha carga horaria semanal de catro sesións lectivas e está enfocada a que os alumnos “adquiran coñecementos básicos de programación, emprego de datos e de estatísticas e análise de resultados automáticos”. Román Rodríguez salientou o “enfoque práctico” desta materia a través do uso de programas de procesamento de datos.
Así pois, o seu contido céntrase na aprendizaxe automática desde unha perspectiva de programadores de sistemas intelixentes e brinda ao alumnado uns coñecementos específicos como aprender a obter e preparar os datos para adestrar sistemas, empregar técnicas de modelado estatístico, utilizar diferentes tipos de redes neuronais, manexar librarías dixitais ou avaliar a calidade dos resultados obtidos por modelos automáticos.
Paralelamente os estudantes poderán adquirirán outras competencias transversais como pode ser a resolución de problemas, a toma de decisións nun entorno tecnolóxico ou a programación en linguaxes de programación de alto nivel.
Estruturado en catro bloques temáticos, o currículo desta materia abordará os coñecementos básicos de programación (fundamentos de programación enfocados ao uso de librarías dixitais), o axente intelixente (abrangue o estudo de áreas da intelixencia artificial como son a percepción, a actuación, a representación, o razoamento e a aprendizaxe) e o impacto da intelixencia enfocado ao uso dos datos (consideracións éticas e aspectos legais en consonancia coas recomendacións da Unión Europa, así como cuestións de sustentabilidade).

Asesoramento de expertos

Para a elaboración dos contidos de ambas materias contouse cun equipo de expertos docentes, das universidades, das empresas e da Xunta de Galicia.
En representación dos centros educativos participaron Francisco Javier Bellas, catedrático de ciencia da Computación e Intelixencia artificial da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Francisco Fuentes, catedrático de Informática do Instituto IES Fernando Wirtz; José Manuel Viñas, asesor do Centro de Innovación Educativa e Dixital e Sara Guerreiro, doutoranda do departamento de Ciencias da computación e tecnoloxías da información da Universidade da Coruña.
Por parte da Universidade participou Alberto Bugarín, que é o coordinador do Grao en Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais tamén formaron parte do equipo de deseño curricular profesionais das empresas PMO NTT Data Europe & LATAM e Deloitte; así como a directora do CESGA; María José Rodríguez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?