Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Polos Creativos revolucionan a educación galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Polos Creativos revolucionan a educación galega

Redacción
Publicado: 02/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230602_polos_creativos_01.jpgO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salienta a aposta do Goberno Galego por un sistema de ensino innovador e adaptado ás novas necesidades de futuro no que os Polos Creativos van marcar “un antes e un despois na educación galega do século XXI”.
Así o sinalou esta mañá con motivo da súa participación nas Xornadas de exhibición dos mellores proxectos de Polos logo do seu primeiro curso de implantación, no que a Consellería entregou os galardóns a 21 colexios e institutos que destacaron polas súas propostas. A xornada abriu cun relatorio de Lluís Miralles i Verge, xefe de proxectos do CERN, e completouse cun percorrido polos stands onde os asitentes puideron coñecer da man do alumnado e do seu profesorado cada unha das propostas premiadas.
Na súa intervención, Román Rodríguez explicou que a partir do vindeiro curso o cen por cen dos colexios e institutos sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas regradas de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria van contar con estes espazos tecnolóxicos. Segundo dixo, a ampliación desta acción, que se puxo en marcha de xeito pioneiro no presente curso, responde “á obriga da Administración de proporcionar ferramentas para que os nosos rapaces cheguen á idade adulta coa mellor formación posible”. “Temos que garantir que saian da escola preparados para os retos da sociedade do século XXI”, abondou.
A este obxectivo responde precisamente a dotación de Polos Creativos, configurados como espazos de innovación educativa onde os alumnos poder levar á práctica os coñecementos teóricos adquiridos a través da resolución de problemas reais. “Todo isto -explicou o conselleiro- permite que os alumnos cheguen á clase ilusionados e saian dela coa sensación de que o aprendido ten utilidade”.
De feito, así o puido comprobar na visita aos expositores onde os centros galardoados exhibían as súas propostas, realizadas a raíz dun reto lanzado pola Consellería que consistía en elaborar iniciativas a partir do material de refugallo que se lles enviou co material dos Polos Creativos (caixas, palés, plásticos…).
Lanzáronse seis retos: mellor material científico-matemático, mellor material didáctico-demostrativo, mellor proxecto artístico, mellor solución de accesibilidade e convivencia, mellor recurso de comunicación cultural/social e mellor proxecto de fomento de hábitos de vida saudable. En total, presentáronse 75 propostas, das cales foron seleccionadas as 21 mellores a razón de seis de centros de Primaria e outros seis de Secundaria que se alzaron cos primeiros premios, 8 accésit e unha mención de honra (a listaxe de premiados coa descrición dos proxectos pode consultarse no documento adxunto).

80.000 unidades de equipamento especializado

20230602_polos_creativos_02.jpgA partir do vindeiro curso máis de 1.200 centros educativos (uns 1.000 novos que se engade aos 225 polos que xa funcionan este curso) contarán con este servizo, grazas a un investimento de 18,7 millóns de euros por parte da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, aprobado onte no Consello da Xunta. Tamén disporán do material todas as aulas hospitalarias e haberá conxuntos de equipos específicos para a atención domiciliaria.
En total, despregaranse máis de 80.000 unidades de equipamento especializado de audiovisual e fotografía, electrónica e robótica, fabricación e construción e téxtil e informática, con kits adaptados aos niveis educativos aos que van dirixidos. Haberá equipos de electrónica básicos e avanzados para diferentes idades, robots de chan e programables, placas microbit, microcontroladores, sistemas domóticos, circuítos de papel, escaneado e impresión 3D, tabletas, xogos de construción de pezas encaixables e sistemas para a creación de audiovisuais, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?