Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 3,1 millóns de euros para a dixitalización das administracións locais da provincia da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

3,1 millóns de euros para a dixitalización das administracións locais da provincia da Coruña

Redacción
Publicado: 06/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

70024da9e155032bd2759e531f9462d8.jpgA Deputación da Coruña vén de recibir 3,1 millóns de euros de fondos europeos para impulsar a dixitalización da administración local na provincia, concedidos dentro da convocatoria do Ministerio de Política Territorial para proxectos de modernización e dixitalización das entidades locais, forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea- Next Generetion EU.
A Deputación da Coruña recibe un total de 3.169.370 euros para impulsar o proxecto Concello Dixital, a aposta do goberno provincial para fomentar o uso da administración electrónica nos concellos, que suma xa 80 entidades locais adheridas, e continuar mellorando as súas propias infraestruturas dixitais, creando un ecosistema dixital resiliente e con capacidade para os novos servizos e canles dixitais
Ademais, ao abeiro desta mesma convocatoria, os concellos coruñeses con poboación de entre 20.000 e 50.000 habitantes recibirán outros 1.492.396 euros de forma directa
Estes 4.631.766 euros de fondos europeos permitirán mellorar os servizos públicos dixitais á cidadanía e empresas, reducir a fenda dixital e posibilitarán a utilización activa das tecnoloxías emerxentes para a creación de novos servizos dixitais na administración local.
Estes fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia permitirán seguir avanzando na Estratexia Dixital da Deputación da Coruña, que ten como prioridade a implantación dunha administración totalmente dixital adaptada ás entidades locais, situando a cidadanía no centro da actividade administrativa a través de máis e mellores servizos interactivos que axilizan os trámites e que garanten a eficiencia da administración a nivel local.
A Estratexia Dixital que está a desenvolver a Deputación da Coruña baséase en catro eixes: a accesibilidade dixital universal, a ciberseguridade, a mellora das infraestruturas dixitais e o proxecto Concello Dixital, que xa chega a 80 entidades da administración local da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?