Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA e as TIC protagonistas do II Cumio Galego Contra os Discursos de Odio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA e as TIC protagonistas do II Cumio Galego Contra os Discursos de Odio

Redacción
Publicado: 16/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dsc_0117.jpgPreto dun cento de persoas asistiron hoxe en Santiago de Compostela ao remate da segunda edición do Cumio contra os discursos de Odio, impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD. O encontro, financiado polo Concello de Santiago no marco do programa Compostela+Solidario, contou ademais coa colaboración do Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) da USC, e das organizacións EAPN-Galicia, Agareso e Ecos do Sur.
Tras a benvida, a primeira ponencia correu de mans da xornalista Paula Guerra Cáceres, especializada en comunicación social e discriminación racial quen falou sobre a Intelixencia Artificial. Guerra ofreceu unha pequena introdución sobre o funcionamento dos algorítmicos das IA, os nesgos existentes nos conxuntos de datos utilizados para adestrala e como estes poden reflectirse e mesmo amplificarse nos resultados. Isto fai necesario traballar na desracialización das IA para garantir que sexan imparciais e equitativas.
“A día de hoxe non hai ningunha lei en España que obrigue ás entidades públicas ou empresas a dar información sobre se utilizan algoritmos (AI) e como foron entrenados”, explicou Guerra. “As IA non son neutrais, representan a ideoloxía e o punto de vista das empresas que as crean, desenvolven e implementan. Vivimos nun marco de racismo estrutural e polo tanto as IA reproducen estas opresións racistas, machistas e discriminatorias”, explicou. “A tecnoloxía per se non é mala, hai IA moi positiva, pero cando se trata de regular cuestións que teñen que ver con dereitos detrás o que ten que haber son equipos multidisciplinares tomando decisións e non un algoritmo”.
dsc_0223.jpg Pola súa banda, Vivian Rangel de Maldita.es ofreceu unha charla centrada en como identificar e combater os discursos de odio contra as persoas migrantes. A xornalista explicou que moitas das consultas atendidas por Maldita teñen que ver, precisamente, con este colectivo polo que se creou unha sección específica, Maldita Migración para darlles resposta.
Vivian relatou diferentes casos reais de bulos que remataron con graves consecuencias. “Canto máis se comparte a desinformación créase unha atmosfera de desconfianza, non hai desinformación que non faga mal, poden afectar ás persoas, aos discursos de odio, contaminan o discurso público e hai bulos que matan”, apuntou a xornalista. A xornalista de maldita advertiu que os bulos non os lanzan necesariamente “persoas malas” senón que “moi a miúdo a xente difunde bulos sen saber que o están facendo, simplemente porque cren que son verdade ou porque esa información se alinea coas súas crenzas”.
O programa completouse con tres quendas de intercambio de experiencias e boas prácticas entre organizacións e colectivos que traballan contra os discursos de odio. Así pola mañá participaron Down-Galicia, Fundación Juan Soñador, Érguete, Igaxes, Fundación Secretariado Xitano, Agareso, Fagamos, EAPN, Ecos do Sur, Fundación Esplai e o activista Ibrahim Bah.
O intercambio de experiencias da tarde puxo o foco nos países do Sur Global e contou coa participación da defensora medio ambiental hondureña Yeni Karina Aguilar, a activista dos dereitos sexuais e reproductivos do Salvador Bea Salazar e a defensora dos dereitos humanos e transfeminista salvadoreña Grecia Villalobos.
En paralelo, a ONGD Ecos do Sur aproveitou o espazo do Cumio para compartir a experiencia de realidade virtual inmersiva The Machine To Be Another. Un proxecto concebido para poñerse, literalmente, na pel dunha persoa migrante, e que a ONGD galega vén de activar coa organización Be Another Lab.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?