Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CEIP Emilio González López celebra a súa primeira feira científica BREXO STEAM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CEIP Emilio González López celebra a súa primeira feira científica BREXO STEAM

Redacción
Publicado: 19/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

brexo_dsc_3043.jpgA pasada tarde o CEIP Emilio González López en Brexo-Lema (Cambre) acolleu a Primeira Edición da Feira BREXO STEAM, unha feira científica na que o alumnado é o principal protagonista xa que a cativada de Educación Primaria e Infantil explican e presentan as diferentes actividades que compoñen o programa de 20 actividades que compoñen a feira.
O evento, visitado por preto dun milleiro de persoas, contou coa participación de máis de 140 cativos do CEIP Emilio González López, quen desenvolveron os talleres, experimentos e demostracións científicas. Todo o Centro estivo implicado nesta celebración que busca divulgar a ciencia dun xeito próximo e divertido.
brexo_dsc_3018.jpg O equipo directivo do Centro mostrou a súa satisfacción “non só pola acollida recibida da veciñanza de Cambre, tamén pola experiencia que supón para o alumnado compartir coñecementos entre compañeiras e compañeiros dos cursos de Infantil cos últimos cursos de Primaria”.
A ciencia e a divulgación científica teñen unha especial relevancia no Centro, de feito, este ano difundiuse o importante traballo de mulleres científicas pioneiras como son Marie Curie, Isabel Zendal, Florence Nightingale ou Valentina Tereshkova. Con esta Primeira Edición da Feira BREXO STEAM trátase de fomentar o interese pola ciencia, espertando a curiosidade e entusiasmo das nenas e nenos polas actividades científicas. “A ciencia pode ser divertida, interesante e relevante para as súas vidas, polo que o espírito deste Feira e nacer con continuidade, converténdose nunha cita anual do Centro e de Cambre”, sinalan desde o equipo directivo.
brexo_dsc_3006.jpg Con esta iniciativa búscase promover a aprendizaxe activa: BREXO STEAM brinda ao alumnado a oportunidade de participar en actividades prácticas e experimentos, o que lles permite aprender de maneira activa. Anímaselles a explorar, facer preguntas e buscar respostas por si mesmos, ademais de desenvolver habilidades científicas de observación, formulación de hipótese, deseño de experimentos, recompilación e análise de datos, e presentación de resultados, estimulando o seu pensamento crítico.
A organización desta BREXO STEAM incide na importancia do formato, xa que ao mesturar as idades do alumnado, promóvese a colaboración e o traballo en equipo. A ciencia realízase en equipo, todas e todos participan dun xeito ou outro traballando de maneira conxunta en proxectos e actividades. Así, foméntase a inclusión e a igualdade de xénero, promovendo a participación de todo o alumnado por igual, explorando e gozando da ciencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?