Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O OSIMGA analizará o nivel de dixitalización das persoas maiores e o uso do galego nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O OSIMGA analizará o nivel de dixitalización das persoas maiores e o uso do galego nas TIC

Redacción
Publicado: 19/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20230617_osimga.jpgO Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) celebrou o seu pleno anual, onde se deu a coñecer o plan de traballo para esta anualidade, que inclúe dous novos estudos sobre a dixitalización das persoas maiores e uso do galego no eido dixital. O pleno, presidido polo director da AMTEGA, Julián Cerviño, deu conta tamén dos avances impulsados tras os dous primeiros anos de desenvolvemento da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD 2030) para a transformación dixital da comunidade.

Contidos
  • Novos informes
  • Dous anos da Estratexia Galicia Dixital 2030

Novos informes

No plan de traballo 2023 o OSIMGA comprométese a publicar dous novos informes: Seniors dixitais e O uso do galego nas TIC, do que o IGE realizará a recollida de datos en 2023 e permitirá ao Observatorio elaborar o informe no ano seguinte.
Algúns informes temáticos que se estaban a elaborar de forma puntual, pasarán a partir deste ano a ser periódicos. Trátase dos informes Rapaciñ@s dixitais, Competencias dixitais da poboación galega, Talento dixital, traxectoria laboral dos perfís STEM en Galicia, Tecnoloxías disruptivas nas empresas de Galicia e Tecnoloxías disruptivas nas empresas TIC de Galicia.
Ademais, no pleno anunciouse a renovación do proxecto técnico do Sistema de Indicadores da Sociedade da Información, que serve para seleccionar e difundir periodicamente novos datos estatísticos sobre a dixitalización da sociedade galega. Tamén se despregarán novas ferramentas de comunicación dos datos mediante un cadro de mando interactivo de consulta de indicadores e a elaboración de vídeos divulgativos propios.
No pleno presentouse, tamén, o balance do compromisos adquiridos en 2022, como a realización dunha nova edición de estudos como As Competencias Dixitais da Poboación Galega, Galicia Dixital: Tecnoloxías Disruptivas nas empresas, o informe Rapaciñ@s Dixitais e o informe Talento dixital: evolución da Traxectoria profesional dos perfís STEM de Galicia. Así mesmo cumpriuse o compromiso de elaborar o primeiro informe sobre Tecnoloxías disruptivas no sector TIC de Galicia. Por último, executáronse as colaboracións previstas con Ciber.gal e o Consello Galego das Mulleres na realización dos respectivos estudos sobre ciberseguridade en Galicia e sobre a relación das galegas coas TIC.

Dous anos da Estratexia Galicia Dixital 2030

A sesión plenaria acolleu, ademais, a presentación do balance de actuacións dos dous primeiros anos da Estratexia Galicia Dixital 2030, afondando nas principais medidas postas en marcha no eido dos sete eixes estratéxicos que constitúen a folla de ruta para a transformación dixital de Galicia.
Nestes dous anos deuse continuidade ás actuacións enfocadas a consolidar unha administración intelixente e a prestación de servizos públicos dixitais; a fomentar a educación, capacitación e talento dixital da cidadanía; a impulsar a economía dixital para un territorio intelixente; e ao fortalecemento do ecosistema dixital e da especialización tecnolóxica de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?