
Quobis, que conta cun persoal de 45 profesionais, acadou en 2022 unha facturación de 4,3 millóns de euros, dos cales o 70% proviña do mercado nacional e o 30% restante do exterior.
Como dixemos, foi unha das empresas beneficiarias de Galicia Avanza e durante o seu paso polo programa, recibiu asesoría e apoio para incrementar a presenza internacional da súa plataforma Quobis Communication Platform en países de Latinoamérica como México e Colombia. Trátase dunha plataforma baseada en tecnoloxía WebRTC que permite a operadoras e grandes empresas soportar múltiples casos personalizados, achegando capacidades multimedia de última xeración ás redes de voz existentes.
Ademais da parte formativa, a participación en Galicia Avanza comprendeu unha serie de accións orientadas a gañar presenza na outra beira do Atlántico que se materializou por unha banda na participación nun evento sectorial en Miami para a localización de partners e, pola outra, na realización dun estudo de mercado para coñecer o grao de implantación das solucións tecnolóxicas no territorio.
Quobis Networks consolídase no mercado latinoamericano co apoio de Galicia Avanza
Compartir Este Artigo

