Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS lidera a rede española de investigación para unha IA fiable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS lidera a rede española de investigación para unha IA fiable

Redacción
Publicado: 23/06/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citius_telese_4_tai_27ca212368.jpgIntelixencia artificial fiable: retos técnicos, éticos, legais, culturais e socioeconómicos é o nome completo de TELSEC4TAI, a nova rede de investigación nacional que coordinará o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), financiada pola Axencia Española de Investigación (AEI) e o Ministerio de Ciencia e Innovación no marco do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023. A través de TELSEC4TAI, o CiTIUS pasa a liderar a rede científica que se encargará de velar por unha Intelixencia artificial (IA) fiable en España.
A rede temática reúne a doce grupos de investigación amplamente recoñecidos, tanto a nivel estatal como internacional, co fin de crear unha comunidade forte que poida liderar a investigación no campo da Intelixencia Arficial fiable, fomentando a colaboración con outros grupos de referencia internacionais e coa industria, así como entre os seus propios integrantes.
O investigador do CiTIUS José María Alonso, coordinador da rede, resume, en poucas palabras, o obxectivo principal desta nova alianza: «aspiramos a xerar conciencia social sobre a importancia de avanzar cara a unha nova xeración de dispositivos intelixentes, que respecten e fomenten os principios de non discriminación e equidade, con capacidade de explicar as súas decisións de forma comprensible para as persoas».
telsec_4_tai_86ea86d.jpg «TELSEC4TAI non só está aliñada co Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR), que recoñece o dereito dos cidadáns para reclamar explicacións das decisións automatizadas derivadas dos datos persoais», continúa José M. Alonso, «senón tamén coa nova regulación europea sobre IA (AI Act) votada polo Parlamento Europeo este mes, destacando a importancia de desenvolver unha IA centrada nas persoas, para facer aos cidadáns máis informados e capaces de tomar mellores decisións», explica.
A nova rede bota a andar fixándose os seguinte obxectivos: maximizar a colaboración entre os membros da rede, con especial interese na investigación multidisciplinar; maximizar, ao mesmo tempo, as oportunidades para a mocidade investigadora con talento neste campo; fomentar a internacionalización e o recoñecemento da investigación realizada en España; e impulsar a colaboración entre a academia, a industria e o sector público no desenvolvemento e uso da IA. «A través das accións propostas, búscase tamén a concienciación social sobre a relevancia de dispor dunha IA fiable para afrontar os retos sociais, obxectivo transversal para a rede», conclúe José M. Alonso.

Accións destacadas

Para alcanzar estes obxectivos, a rede poñerá en marcha diferentes accións. Entre elas, o fomento da coautoría de publicacións, a co-supervisión de estudantes e a solicitude de propostas de proxectos conxuntos. Tamén promoverá a organización de titoriais, talleres e sesións especiais en congresos internacionais, así como estancias de investigación, xornadas de debate e escolas de verán.
Para impulsar a cooperación coa industria, habilitarase un foro de debate que fomentará a creación de pilotos, probas controladas, ou certificacións voluntarias, entre outras. Ademais, fomentarase a divulgación científica con actividades a través da web, redes sociais e a participación en eventos de divulgación científica.
A rede que agora nace está aliñada cos obxectivos da ENIA (Estratexia Nacional Española de IA), e por iso centrarase en impulsar a educación, a formación e a atracción de talento, esforzándose por xerar unha contorna de confianza asociada á IA. Con este propósito, promoverá unha IA centrada no ser humano consciente da ética para o benestar social, e desenvolverá unha IA inclusiva e sostible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?