Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo achega aos concellos unha nova ferramenta anti-corrupción
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo achega aos concellos unha nova ferramenta anti-corrupción

S. P.
Publicado: 26/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_260623_presentacion_canle_de_denuncias.jpgA Deputación de Lugo organizou este luns 26 de xuño unha xornada informativa para as entidades locais da provincia sobre a Canle de Denuncias, un servizo informatizado sobre infraccións normativas e loita contra a corrupción que esixe a UE. O deputado en funcións de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deu a benvida a máis dunha decena de técnicos de diferentes concellos.
“Nesta xornada ofrecemos información aos concellos sobre como poden activar a Canle de Denuncias, como é o proceso para realizar comunicacións ou como xestionalo”, asegurou o Deputado, quen tamén deu conta aos representantes municipais do convenio tipo que vén de aprobar a Deputación para que os concellos se adhiran coa finalidade de poder participar nas accións que a institución vai desenvolver grazas aos 4M€ que captou de fondos europeos para avanzar na dixitalización da administración local. “Uns fondos”, dixo, “que servirán para mellorar a resiliencia dos municipios, crear oficinas de asistencia en materia de rexistro, implantar un sistema de gravación nos plenos dos concellos da provincia ou mellorar a accesibilidade das páxinas webs dos concellos”.
Á xornada asistiron representantes dos concellos de Antas de Ulla, Baleira, Baralla, O Incio, Láncara, Palas de Rei, O Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Ribas de Sil e Xermade. Un técnico explicoulles que, en cumprimento do establecido na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, a Deputación Provincial de Lugo implantou xa este sistema interno de información e que servirá para que os cidadáns poidan informar sobre infraccións penais ou administrativas.
Na páxina web da Deputación xa se pode acceder a información relevante sobre a Canle de Denuncias, o responsable do sistema, os dereitos do informante e a política de protección de datos. Así mesmo, pódese consultar o procedemento establecido para a xestión das comunicacións recibidas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?