Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña e o ITG promoven a creación de comunidades enerxéticas locais con tecnoloxías intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña e o ITG promoven a creación de comunidades enerxéticas locais con tecnoloxías intelixentes

S. P.
Publicado: 28/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

itg_camara_coruna.jpgOs directores xerais da Cámara da Coruña e do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Manuel Galdo e Carlos Calvo, asinaron este mércores 28 un convenio de colaboración para o impulso de comunidades enerxéticas locais (CEL) na área. Grazas a esta alianza, poderán facilitar a empresas información, apoio na procura de financiamento e proxectos chave en man.
Segundo lembraron, as comunidades enerxéticas locais nacen como unha resposta eficiente e sustentable aos desafíos enerxéticos aos que nos enfrontamos na actualidade. Trátase de grupos de individuos, empresas ou institucións que se unen para xestionar e compartir recursos enerxéticos de maneira local. O seu obxectivo principal é promover a produción, distribución e consumo de enerxía renovable a nivel comunitario, fomentando a autosuficiencia enerxética, a eficiencia e a redución de emisións. As CEL buscan situar ao cidadán de novo no centro do ecosistema enerxético.
A través desta colaboración, Cámara e ITG traballarán da man para expandir esta solución que permitirá, por exemplo, que nun polígono industrial onde os propietarios das naves, comercios existentes ou edificios dotacionais, poden decidir cando e como fornecer, consumir, almacenar e distribuír a enerxía renovable que eles mesmos xeren.
Como lembraremos, o ITG presentou este mes de xuño unha tecnoloxía que permitirá aos usuarios das CEL aforros dun 10 a un 15% na súa factura enerxética. Mediante a creación dunha comunidade enerxética virtual e a xestión intelixente, e coa aplicación de algoritmos de Intelixencia Artificial, o ITG demostrou se pode optimizar a xestión da enerxía e predicir consumos. A tecnoloxía desenvolveuse ao abeiro de AGERAR II, proxecto transfronteirizo liderado por ITG no que participan tamén o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e o Instituto Nacional de Estadística y Geografía (INEGI). Ten como obxectivo promover modelos enerxéticos innovadores baseados no uso de tecnoloxía intelixente que axude a comunidades a decidir de xeito máis eficiente, promovendo un uso máis sustentable dos recursos, con beneficios ambientais, económicos e de aforro enerxético.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?