Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar reforzou a súa cobertura 5G de cara ao verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar reforzou a súa cobertura 5G de cara ao verán

Redacción
Publicado: 30/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

3891-girl-on-phone-bondi-beach-1.jpgMovistar reforzou e ampliou a súa cobertura 5G este verán para ofrecela en 500 municipios turísticos de toda España, tanto en zonas costeiras como de interior, con gran afluencia de visitantes en datas estivais. As comunidades autónomas onde Movistar despregou máis emprazamentos para dar resposta ás necesidades de conectividade no verán son Andalucía, Baleares, Canarias, Comunidade Valenciana, Cataluña, Galicia, Cantabria e Asturias. As instalacións de reforzo estival quedarán nos municipios unha vez terminada a tempada de verán.
En concreto, a 5G de Movistar alcanza un total de 442 poboacións de praia, de modo que a operadora chega a todo o litoral do territorio nacional, desde pequenas localidades costeiras, por exemplo Muxía ou Cudillero, ata outras maiores como Fuengirola ou Torrevieja.
Movistar instalará como novidade este ano un total de 14 unidades temporais que atenderán as necesidades de conectividade en puntos onde hai un gran incremento da demanda en momentos específicos, como poden ser festivais de música ou lugares de cámping con gran ocupación no verán que baixa de forma considerable o resto do ano.
Este ano Movistar despregou o seu plan verán tanto en 700 MHz como en 3.500 MHz, dúas bandas complementarias posto que a primeira é especialmente útil para a cobertura de interiores, como as vivendas, mentres que a de 3.500 permite incrementar a velocidade en zonas máis extensas.
Con esta despregadura de verán, na que Movistar traballa con varios meses de antelación, a operadora segue avanzando na súa cobertura 5G, que xa chega a máis do 85% da poboación coa instalación de nodos que cobren 40 millóns de habitantes e máis de 2.000 municipios de toda España. Neste avance cabe destacar o valor da colaboración público-privada para impulsar a conectividade en todos os recunchos do territorio.
No que resta de ano, Movistar seguirá ampliando e reforzando a cobertura para chegar o máximo de poboación de todo o territorio. Neste sentido, a operadora, líder en Europa en fibra, considera fundamental a combinación da fibra coa 5G para ofrecer a mellor conectividade aos usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?