Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral

Redacción
Publicado: 30/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O Clúster TIC Galicia celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria facendo especial fincapé na inminente apertura do Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC, prevista para este mes de setembro, e o plan formativo desenvolvido en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta e que supuxo o 40 % dos cursos impartidos en 2022 por grupos empresariais en Galicia.
No caso do polo tecnolóxico valorouse o avance das obras no CSA, que concluirán nas vindeiras semanas para proceder á instalación do equipamento preciso. Nesta orde de cousas, tamén se fixo mención a Galicia Turistic, proxecto no que participa o Clúster TIC Galicia, entre outras entidades, e cuxas instalacións tamén se dotaron dos servizos necesarios o pasado ano.
Durante o evento, que tivo lugar no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Santiago, tamén se destacaron as accións realizadas para mellorar as competencias e habilidades dixitais de traballadores, autónomos e desempregados. Entre elas, o plan formativo posto en marcha en 2022, con preto de 250 cursos e un orzamento de 1,6 millóns de euros, e que está a continuar neste 2023 con máis de 200 formacións e ao redor de 2 millóns de euros de orzamento, a través dos convenios asinados coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Novas prestacións para os socios

O Clúster TIC Galicia avanzou, ademais, a prestación de novos servizos para os asociados, entre eles, unha área de emprego para axudar ás empresas a atopar talento cualificado ou a creación dunha xanela en liña permanente conectada co Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, actualizado con carácter periódico para que calquera entidade interesada (organismo, cliente ou socio potencial) poida identificar e solicitar posibles provedores tecnolóxicos, especialmente asociados, a través da consulta dos seus produtos, servizos e capacidades.
Durante a asemblea, que se puido seguir de forma presencial e en remoto, tamén se presentou o informe económico de xestión do 2022, así como o orzamento e a proposta de actividades deste ano para a súa aprobación, como os programas Tech Angel e Startups TIC para o fomento do investimento tecnolóxico, realizados en colaboración coa AMTEGA e o IGAPE.
Subliñouse tamén o impulso da transformación dixital de empresas galegas a través da participación activa nos hubs de innovación dixital DIHGIGAL e EDIH DATAlife, e o desenvolvemento dun Plan Industrial para as TIC que permita incrementar o emprego no sector tecnolóxico galego en 8.000 profesionais engadidos netos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?