Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes do CIFP A Farixa de Ourense gañan o Premio Nacional á proposta máis orixinal das I Olimpíadas Teleco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes do CIFP A Farixa de Ourense gañan o Premio Nacional á proposta máis orixinal das I Olimpíadas Teleco

Redacción
Publicado: 05/07/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teleco_1685349769574.jpgO equipo do CIFP A Farixa do 1º curso de Sistemas de Telecomiunicacións e informáticos, resultou gañador do premio nacional á proposta máis orixinal na final da I Olimpíada Teleco celebrada a semana pasada. O equipo está Formado polos alumnos Óscar Gallardo Otero, Álex Gómez Carballido, Paola Virginia Pérez Franco, Damián Cuquejo Fidalgo e Manuel Rodríguez Otero, baixo a coordinación do profesor Ricardo Ameijeiras Vázquez.
A I Olimpiada Nacional de Telecomunicaciones: Resolviendo retos de la sociedad, celebrou o pasado mércores 28 de xuño o acto de entrega de premios en formato en liña. Representantes do xurado destacaron a creatividade e innovación dos proxectos presentados por cerca dun millar de estudantes inscritos e salientaron o éxito desta primeira convocatoria dun evento que se propón estimular o interese científico e tecnolóxico entre o alumnado, dar a coñecer o mundo da enxeñeira, fomentar o coñecemento dos campos da vida nos que están presentes as telecomunicación e como estas nos axudan no noso día a día.
O innovador proxecto dos estudantes, titulado Sensorización de tanques de tormentas e colectores previos, alzouse entre os gañadores do evento logo de se ter clasificado na final galega o pasado 26 de maio. Este proxecto, desenvolvido no marco do módulo de Sistemas Informáticos e Redes Locais (SIRL), demostrou a integración eficaz das telecomunicacións na consecución do obxectivo de desenvolvemento sostible 11 da axenda 2030.
teleco_1685349579681.jpg O traballo do alumnado foi desenvolvido con dúas placas ESP-32 derivadas de Arduino, as cales encargáronse de emitir e recibir datos. O sistema permite medir o volume de auga en tanques de tormentas e os seus colectores previos, enviando esta información a un receptor no centro de bombeo da cidade. Esta solución innovadora facilita un control preventivo eficaz fronte a posibles inundacións ou fenómenos meteorolóxicos adversos como os que aconteceron estas pasados semanas na mesma cidade de Ourense e outras cidades do estado.
Os obxectivos do proxecto estaban aliñados coas metas do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 11, incluíndo a protección do patrimonio cultural e natural, a redución do risco de inundacións, a minimización de perdas económicas e a mellora na xestión de residuos municipais.
A vitoria neste evento é un fito importante para o CIFP A Farixa e demostra, segundo José Manuel Paredes, director do centro “a calidade da educación e a formación que se imparte no centro, cunha comunidade educativa implicada na transmisión de coñecemento entre o sistema escolar e a contorna, a innovación e a integración do alumnado en proxectos profesionais destacando que comunidade educativa do CIFP A Farixa gábase deste logro e felicita aos estudantes e os seus titoras pola súa dedicación e duro traballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?