Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Fábrica Intelixente e Sustentable chega á súa 5ª edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Fábrica Intelixente e Sustentable chega á súa 5ª edición

Redacción
Publicado: 06/07/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230706_fabrica_intelixente_02.jpgA Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia celebrou esta mañá en Santiago de Compostela unha xornada informativa da quinta edición da convocatoria do programa Fábrica Intelixente e Sustentable. Esta liña de axudas, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) e cuxo prazo de solicitude estará aberto desde mañá ata o vindeiro 2 de outubro, está dirixida a apoiar iniciativas empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego e que se centrarán no desenvolvemento de tecnoloxías dixitais e verdes que serán fundamentais para acadar un modelo produtivo máis innovador. As axudas desta convocatoria son susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Feder Galicia 2021-2027.
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, contextualizou esta liña de axudas no reto de impulsar un novo modelo industrial en Galicia baseado na innovación e nas prioridades europeas da dixitalización e a transición verde, prioridades recollidas na nova Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia.
20230706_fabrica_intelixente_01.jpgArgerey animou ao centenar de asistentes á xornada a presentar solicitudes a esta convocatoria que persegue, entre outros obxectivos, estimular que as empresas leven a cabo a súa I+D+i en Galicia, actuar como elemento tractor na mobilización e atracción de capital privado, impulsar a competitividade do noso tecido empresarial e favorecer a cooperación entre organismos de investigación e tecido produtivo.
Ademais, representantes das empresas Benteler, Finsa e Estrella Galicia, beneficiarias en anteriores edicións deste programa, expuxeron a súa experiencia. Benteler, a través do proxecto FIBER 4.0, deseñou e desenvolveu unha factoría intelixente dedicada á fabricación dun innovador eixe traseiro ríxido para a industria da automoción. Finsa implementou na súa fábrica de Ourense un novo modelo de factoría orientada á fabricación sustentable, flexible, eficiente e customizada de novos produtos de madeira de alto valor engadido. Estrella Galicia, pola súa banda, liderou un proxecto de investigación no que se mesturan a biotecnoloxía e as ferramentas 4.0 na industria agroalimentaria para o desenvolvemento acelerado de novas formulacións.

24 millóns de euros para apoiar proxectos ata 2026

Dotada con 24 millóns de euros prevé mobilizar 70 millóns para apoiar o desenvolvemento de proxectos ata 2026 que permitan seguir avanzando nun cambio de modelo sustentado na competitividade e no coñecemento incrementando a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial galega.
As axudas teñen unha intensidade de entre o 15 e o 60% segundo o tipo de entidade e proxecto e diríxense tanto a pemes como a grandes empresas, así como a organismos de investigación que desenvolvan un proxecto de I+D en colaboración cunha ou varias compañías. Apoiaranse tanto proxectos de I+D, como iniciativas de innovación en materia de procesos ou organización (tanto individuais como en cooperación).
A duración dos proxectos é de catro anualidades (estenderase ata o 30 de setembro de 2026) e o orzamento dos proxectos, entre os 2 e os 25 millóns de euros. Entre as novidades desta edición atópanse a necesidade de presentar un informe positivo do cumprimento do principio de non causar dano significativo e un plan de comunicación e difusión do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?